Oportunius

Oportunius é un programa para a xeración, retención, recuperación e captación de talento científico e innovador de excelencia que atenda ás prioridades marcadas na RIS3 de Galicia e complementario a Horizonte 2020.

Oportunius é un programa específico dirixido a investigadores excelentes que queiran desenvolver a súa actividade en Galicia. Contempla tres obxectivos principais:

  Atracción de excelencia, favorecendo a captación, retención e recuperación de investigadores excelentes que conseguiron financiamento do Consello Europeo de Investigación (ERC)
Apoio á excelencia, impulsando a actividade e desenvolvemento daqueles investigadores cunha traxectoria consolidada que resultaron finalistas no proceso de avaliación das convocatorias do ERC
Fomento da excelencia, favorecendo a participación nas convocatorias do ERC daqueles investigadores que amosen un alto potencial e unha carreira investigadora prometedora.

Oportunius aposta pola creación dun ecosistema investigador de excelencia nos organismos de investigación de Galicia a través da posta en marcha de iniciativas orientadas á xeración, retención, recuperación e captación do mellor talento científico e innovador. O programa pon á disposición dos investigadores un marco laboral estable e o recursos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa carreira investigadora.

Para acadar os obxectivos, deseñáronse 3 itinerarios nos que se contemplan distintas accións de apoio: formación, asesoramento, revisión de candidaturas para presentarse a convocatorias do ERC e apoio económico para investigadores excelentes que resultaron gañadores ou finalistas dunha convocatoria do ERC.

A Xunta de Galicia, a través deste programa, fomenta equipos de investigación excelentes e impulsa o potencial galego na investigación básica co obxectivo final de situar a Galicia na vangarda investigadora e mellorar a competitividade científica da comunidade.

 

Data de actualización: 7/4/2015

Ligazóns relacionadas