Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020

O Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020 é o documento que guiará a senda de recuperación económica, facendo da nosa comunidade un territorio máis atractivo para traballar, investir e convivir.

O Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, que sae do traballo do goberno e das achegas da cidadanía, pretende:

Fomentar un modelo de crecemento económico baseado na innovación e o capital humano, que favoreza unha Galicia moderna e cohesionada social e territorialmente e que permita diminuír o desemprego, aumentar a produtividade e o benestar dos galegos colaborando a retomar a senda do crecemento demográfico e facendo da nosa comunidade un territorio máis atractivo para traballar, investir e convivir.
Impulsar e coordinar as diferentes estratexias básicas da Xunta de Galicia a medio prazo.
Favorecer os valores diferenciais de Galicia promovendo a especialización, a calidade e a mellora do valor engadido dos seus produtos.

Este Plan estrutúrase en catro eixos:

Eixo 1: Empregabilidade e crecemento intelixente
Eixo 2: Benestar das persoas e as familias e cohesión social
Eixo 3: Crecemento sostible, territorio, mar, agricultura, gandería e montes
Eixo 4: Sociedade dixital, cultura e reforzo do peso de Galicia no seu contorno

Igualmente, recolle catro principios transversais das políticas da Xunta de Galicia:

Recuperación demográfica
Fomento do emprendemento e da internacionalización
Impulso da cultura da innovación
Fixación da poboación ao medio rural
 

Data de actualización: 4/3/2016