Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020

O Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020 ten como obxectivos establecer un horizonte financeiro amplo de suficiencia e estabilidade para que a Xunta de Galicia e institucións públicas de ensino universitario desenvolvan as súas políticas; definir criterios explícitos de asignación dos recursos públicos en base aos resultados en docencia, investigación e transferencia; estimular a adecuación da oferta docente ás demandas sociais, reorientándoa, potenciando a formación continua, a actividade investigadora e a transferencia tecnolóxica e promovendo a mellora da calidade.

O novo plan asume os seguintes obxectivos estratéxicos a acadar ao longo dos cinco anos de vixencia do mesmo:

- garantir o acceso á educación e á cultura en condicións de igualdade no marco dun ensino de calidade para unha Galicia formada, innovadora e trilingüe

- construír unha sociedade competitiva baseándose na investigación e o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación empresarial como garantía de crecemento

A Xunta de Galicia considera o ensino universitario como unha liña prioritaria na acción de goberno e de aí o incremento do esforzo financeiro realizado de cara ao vindeiro quinquenio.

O compromiso con este sector estratéxico para a comunidade autónoma reflíctese nas achegas previstas para dotar ao novo Plan Galego de Financiamento Universitario no quinquenio 2016-2020, para facer posible alcanzar os obxectivos anteriormente definidos.

Este financiamento verase incrementado con achegas de partidas orzamentarias da Xunta de Galicia non vinculadas directamente ao plan (axudas, convenios, acordos…de distintas consellerías, organismos e entidades do sector público autonómico), así como fondos públicos procedentes de administracións locais, nacionais e europeas.

 

Data de actualización: 29/10/2015