Plan de Transporte Metropolitano de Galicia
A integración tarifaria e a mellora da oferta de servizos e das infraestruturas son os piares fundamentais do plan que ten por obxecto mellorar a mobilidade e accesibilidade no contorno de todas as áreas metropolitanas de Galicia.
O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia ten como obxectivo fundamental mellorar a mobilidade e accesibilidade no contorno de todas as áreas metropolitanas e, polo tanto, que os cidadáns dispoñan dun mellor servizo de transporte público colectivo que sexa unha alternativa competitiva e eficiente ao transporte privado.
Nesta liña, a Xunta de Galicia e os concellos das diferentes Áreas Metropolitanas están a traballar para a posta en marcha dos novos Plans de Transporte Metropolitano co obxectivo de mellorar a competitividade, calidade e eficiencia do servizo.
O Plan de Transporte Metropolitano na Área de A Coruña activouse o 24 de xaneiro de 2011. As Áreas de Santiago de Compostela e de Ferrol se implantaron respectivamente con data do 14 e do 21 de marzo de 2011, e o Plan da Área de Lugo implantouse o 5 de novembro de 2012.
Piares do novo Plan de Transporte Metropolitano
Tres son os piares fundamentais do novo plan: