2014.gal Axenda Dixital de Galicia

Dentro da estratexia do Goberno galego en materia de Sociedade da Información, xorde a Axenda Dixital de Galicia co obxectivo de maximizar o potencial das TIC como peza clave que axude a converter a economía actual nunha economía intelixente, sustentable e integradora, cun alto nivel de emprego, cohesión social e territorial no horizonte de 2014.

2014.gal Axenda Dixital de Galicia (2010-2014), enfróntase a un importante cambio de enfoque estratéxico: o seu obxectivo é pasar dunha sociedade que utiliza as TIC a unha sociedade galega que se serve delas para xerar crecemento sustentable, para mellorar as súas cotas de participación na toma de decisións e para contribuír á súa calidade de vida sobre a base do coñecemento: “as TIC non son un fin en si mesmas, senón un medio para acadar novos obxectivos”. Para logralo contará co impulso e a participación activa de todos os axentes implicados na Sociedade da Información.

A Axenda Dixital de Galicia alíñase cos obxectivos do Plan Estratéxico Galicia 2010 -2014 e con outros plans estratéxicos, como o Plan Galego de I+D+i, co Plan de Banda Longa de Galicia, con Plans de competitividade de diferentes sectores estratéxicos para Galicia (automoción, madeira, téxtil, construción naval, enerxía, pedra e turismo) e coas Axendas Dixitais Locais que promoven o desenvolvemento da Sociedade da Información nunha contorna máis próxima á cidadanía.

Metas da Axenda Dixital para 2014
O reto da converxencia dixital e o respaldo en materia tecnolóxica dos eixos de actuación do Plan Estratéxico 2014 de Galicia, materialízase nos cinco obxectivos estratéxicos da presente Axenda Dixital: modernización da Administración para facela máis eficiente e para achegala á sociedade, ofrecendo novos servizos e de maior valor engadido que melloren a calidade de vida da cidadanía.

A competencia dixital da poboación como base esencial para un emprego de calidade, a cohesión social e a calidade de vida.
O cambio profundo, coa panca do uso intensivo das TIC, do modelo produtivo para conseguir unha economía sustentable e innovadora.
A transformación e articulación dos axentes do hipersector TIC para convertelo en sector estratéxico de futuro e tractor do resto de sectores chave para Galicia.
O despregamento de infraestruturas de telecomunicación para a vertebración territorial e como catalizador da innovación e a captación de investimento.


Liñas estratéxicas e programas de actuación
Para alcanzar o salto cualitativo implícito no reto que presenta a Axenda, establécense 7 liñas estratéxicas dentro da Axenda Dixital de Galicia:

Administración intelixente
Administración eficiente
Cidadanía dixital
Transforma TIC
EconomiC-IT
InfraTeleCom
Medidas instrumentais e de cooperación