Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 126 novas da área temática Discapacidade:

13/07/2024 | 12:36 | C. de Política Social e Igualdade

Comezan os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade da Xunta de Galicia

Na edición deste ano ofértanse 250 prazas repartidas entre as dúas Residencias de Tempo Libre da Xunta, no Carballiño e Panxón (Nigrán), e no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo)

10/07/2024 | 12:59 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo informa a Afaco da renovación do convenio para manter o seu centro terapéutico en Salvador de Madariaga durante catro anos máis

A delegada lembrou que esta entidade conta, este ano, con apoios da Consellería de Política Social e Igualdade para financiar as prazas de atención diúrna e para contratar mulleres que sofren violencia de xénero e cunha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a contratación de traballadores desempregados

26/06/2024 | 20:27 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda ratifica o compromiso da Xunta coa atención á discapacidade e agradece o traballo das entidades sociais

Destaca a entrada en vigor este ano do concerto social, ao cal a Xunta destina máis de 100 M€ anuais

20/06/2024 | 12:48 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta pon en valor o compromiso social de Equiocio no desenvolvemento dun taller sobre solucións tecnolóxicas adaptadas á vida diaria

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, saudou aos participantes desta actividade desenvolvida en Espacio Vivo e na que participaron integrantes de varias entidades do ámbito sociosanitario de Ferrolterra

18/06/2024 | 13:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo visita o centro ocupacional Pascual Veiga e reitera o apoio da Xunta para garantir a integración laboral das persoas con discapacidade

A asociación conta con 22 prazas concertadas que son homes e mulleres adultos, maiores de 18 anos, que precisan apoio e recursos humanos e materiais específicos para conseguir o seu desenvolvemento persoal, social e laboral