Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 185 novas da área temática Enerxía:

02/07/2024 | 18:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña que a Lei de Recursos Naturais permitirá abaratar a factura eléctrica ás familias e ás empresas

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández, participou na Future Energy Summit 2024

21/06/2024 | 17:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a Asociación Empresarial Eólica abordan a situación do sector en Galicia

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, insiste no compromiso do Goberno galego con esta industria e destaca o rigor na tramitación dos proxectos eólicos

20/06/2024 | 16:24 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca os apoios da Xunta para a instalación de equipamentos enerxéticos eficientes en empresas e vivendas

Apunta que neste momento están en proceso de resolución as dúas liñas convocadas este ano para particulares (3,5M€): para a instalación de equipamentos de xeotermia, aerotermia e solar térmica, e para placas de enerxía fotovoltaica

20/06/2024 | 12:32 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta financia con preto de 215.000 euros actuacións de mellora da eficiencia enerxética en catro empresas turísticas de Ferrolterra

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a pensión Casa Juanito á que se lle concedeu unha achega de preto de 130.000 euros para o illamento da fachada e a cuberta, así como para a instalación dun bomba de aerotermia e un sistema de climatización

15/06/2024 | 12:11 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta abre o prazo para que as empresas turísticas soliciten as novas axudas de eficiencia enerxética

Desde hoxe e ata o 14 de novembro, establecementos de aloxamento e restauración, poden presentar as súas solicitudes da convocatoria dotada de 10M€ 

14/06/2024 | 13:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre á cidadanía a sede reformada de emigración e a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento de Retorno para o que se investiu 1,8 M€

José González puxo en valor na xornada de portas abertas as novas instalacións de Mazarelos para ofrecer mellores servizos ás persoas retornadas

13/06/2024 | 16:31 | C. de Economía e Industria

O Inega explica a estudantes de FP o funcionamento da Rede de Enerxía da Xunta de Galicia

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas e director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Pablo Fernández Vila, participou hoxe nunha xornada cun grupo de estudantes de FP das ramas de informática e electricidade

13/06/2024 | 15:27 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta inviste máis de 342.000 € na eficiencia enerxética de cinco empresas turísticas da área de influencia de Pontevedra

O delegado territorial visitou o Hotel San Luis e destacou a importancia de apoiar ao sector con obras que diminúen o seu consumo enerxético e a súa pegada de carbono

12/06/2024 | 14:58 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reclama ao Goberno central unha aposta clara por abaratar a enerxía ás electrointensivas para garantir a supervivencia de empresas como Alcoa

“É esencial que o Goberno central faga unha aposta por abaratar a enerxía ás empresas electrointesivas e non estamos observando que, neste sentido, se queira apoiar a Alcoa e ás outras empresas do sector”, di