Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 123 novas da área temática Cooperación:

03/07/2024 | 12:40 | C. de Política Social e Igualdade

Mañá abre o prazo para que as escolas infantís privadas e de iniciativa social se adhiran á gratuidade o vindeiro curso

O próximo ano 2025, estes centros comezarán a aplicar por vez primeira uns criterios de acceso homoxéneos, dándolle prioridade ás familias nas que os dous proxenitores traballan, entre outras

01/07/2024 | 18:20 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García aborda coa Rede Galega contra a Pobreza os avances da Xunta en materia de inclusión social

A conselleira e os responsables de EAPN-Galicia coincidiron na importancia de garantir a estabilidade financeira das entidades

01/07/2024 | 13:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia e Portugal colaboran no desenvolvemento de sete proxectos piloto de infraestruturas verdes na Eurorrexión no marco do proxecto "Green Gap"

Durante a sexta reunión de coordinación da iniciativa, celebrada en Paredes de Coura, representantes do Instituto de Estudos do Territorio expuxeron os últimos avances no deseño do futuro Plan transfronteirizo da paisaxe para o Baixo Miño

30/06/2024 | 16:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará obras de mellora no Fogar Residencial de Taboadela

Sufragará con 90.000 euros a impermeabilización das fachadas do centro, que executará o concello por tratarse dun edificio de titularidade municipal

29/06/2024 | 17:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora con ACCEM na atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

Incrementou ata os 520.000 euros as axudas con cargo ao 0,7% do IRPF a esta entidade, o que permitiu que incrementase as prazas deste centro de acollida de oito a dez

28/06/2024 | 13:46 | C. de Sanidade

A Xunta presenta en Chaves o proxecto TRANSFIRESAÚDE para a integración do ecosistema de I+D+i sanitario na Eurorrexión

A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) coordina este proxecto, que conta coa participación de diversas entidades galegas e do norte de Portugal

27/06/2024 | 13:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta elevará ata 6,6 millóns de euros o orzamento do Plan Corresponsables para chegar a 22 novos concellos

Con esta ampliación de crédito, a convocatoria deste ano sube un 33% con respecto á do 2023

26/06/2024 | 14:21 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García e o artista británico James Rodhes trasladan o seu apoio ao programa ‘Tecendo Saúde Mental’ de Feafes

O Goberno galego incrementou este ano a súa aportación ao programa, que se centrará na atención a nais con diagnose en saúde mental, ata os preto de 130.000 euros

22/06/2024 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia de dar a coñecer á cidadanía o traballo das forzas de seguridade e dos servizos de emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez e o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal, visitaron as actividades celebradas no marco da ‘II Xornada de Emerxencias e Seguridade´ de Teo