Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 285 novas da área temática Consumo:

19/07/2024 | 10:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta por potenciar as prazas de abastos e transformalas en ‘Mercados Excelentes’ como eixos do comercio local e vertebradores do territorio

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá a praza de abastos de Santiago para dar a coñecer a nova orde de axudas que publica hoxe o DOG

18/07/2024 | 13:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por promover no tecido empresarial galego novos procesos produtivos e un consumo máis eficiente

A directora do Igape, Covadonga Toca, acompañada da delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou o Grupo Rilo, ao que puxo como exemplo de compromiso coa sustentabilidade tras a recente consecución dunha das súas compañías, Recinor, do Accésit de Empresa Sostible no Premio Peme do Ano da Coruña

16/07/2024 | 13:55 | Axencia de Turismo de Galicia

As descargas dos máis de 16.000 bonos turísticos da Xunta esgótanse en menos de quince días

A un moi bo ritmo e cun cento de bonos descargados por minuto nos primeiros días, os galegos descargaron xa os 16.666 bonos turísticos postos en circulación este ano

16/07/2024 | 12:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a comercialización da marca Artesanía de Galicia a través dunha tenda efémera en Sanxenxo que estará aberta nos meses de xullo e agosto

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a tenda pop up froito da colaboración de Artesanía de Galicia coa marca galega de moda D-due

09/07/2024 | 14:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Martina Aneiros anima a establecementos e axencias de viaxe da zona a adherirse a campaña dos bonos turísticos da Xunta para o próximo outono

Destaca o éxito da campaña coa que o Goberno galego pretende promover as viaxes na comunidade autónoma e apoiar así ao sector fóra da temporada alta

06/07/2024 | 18:03 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
02/07/2024 | 12:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Preto de medio centenar de rapaces participan en Valdoviño nas actividades lúdicas do programa da Xunta ‘Veráns Lecer Consumo’

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Valdoviño, Alberto González, visitou esta mañá aos participantes nunha das actividades que se levaron a cabo no local da AVV de Pantín coa fin de concienciar aos máis pequenos sobre o consumo responsable