Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 754 novas da área temática Benestar:

05/07/2024 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os avisos por niños de avespa velutina recibidos pola Xunta no que vai de ano reducíronse en case un 60 % coa activación das medidas de choque

A directora xeral de Administración Local e o director xeral de Emerxencias e Interior mantiveron hoxe unha reunión con representantes da empresa pública Seaga encargada da retirada dos niños, da central de chamadas do 012 e do 112 Galicia

27/06/2024 | 10:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta comprométese a ir da man das empresas galegas na implementación da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo Horizonte 2027

José González sinalou que só garantindo a saúde da poboación traballadora é posible que o noso tecido produtivo siga dando o mellor de si, sendo exemplo de competitividade e rendibilidade e de prover emprego de calidade

26/06/2024 | 16:34 | C. de Política Social e Igualdade
26/06/2024 | 12:32 | C. de Política Social e Igualdade

O programa da Xunta Benestar en balnearios inclúe catro establecementos lucenses e ten a inscrición aberta ata o 17 de xullo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a convocatoria vai dirixida a persoas maiores de 60 anos e ofrece estancias de 10 días entre xullo e decembro en 15 instalacións de toda Galicia

25/06/2024 | 19:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta celebra o primeiro aniversario da creación do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia

Os mozos e mozas integrantes puideron expoñer e poñer en común aquelas propostas que foron reunindo nos seus encontros periódicos para propoñer plans conxuntos de acción

25/06/2024 | 11:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a importancia da Prevención de Riscos nos postos de traballo con carga física e avoga pola promoción de hábitos saudables nos espazos laborais

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na apertura dun webinario técnico organizado polo Issga

23/06/2024 | 14:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con 40.000 € a compra dun vehículo adaptado para o concello de Tordoia

O Goberno galego concedeulle a contía máxima no marco da orde de axudas dun millón de euros da que se beneficiaron unha trintena de municipios

23/06/2024 | 12:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aborda coa Asociación para a promoción de actividades de integración sociolaboral en centros especiais de emprego os retos da economía social

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, vén de tratar con representantes de Aspais a nova lei estatal de economía social