Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.016 novas da área temática Áreas temáticas:

21/06/2024 | 21:49 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o labor da Bienal de Cartelismo Terras Gauda no fomento da promoción da cultura e a Marca Galicia a nivel global

Enxalza a traxectoria e repercusión deste certame, que este ano recibiu 1.283 carteis de 70 países, consolidándose como unha “referencia” para artistas dos cinco continentes

21/06/2024 | 19:55 | C. de Sanidade

A Xunta aposta polo diálogo, a cooperación e o entendemento cos profesionais para orientar as políticas sanitarias nos vindeiros anos

A Consellería de Sanidade agradece a disposición ao entendemento manifestada polos Colexios Oficiais de Médicos

21/06/2024 | 19:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apela na Coruña ao potencial das novas xeracións para nutrir o emprendemento e o mercado laboral do futuro

José González clausurou o acto de apadriñamento e entrega de diplomas ás promocións dos mestrados en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas e en Banca e Finanzas do curso 2023-2024 da Universidade da Coruña (UDC)

21/06/2024 | 18:04 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete recibe no Obradoiro ao piloto Gerard Farrés tras percorrer 1.700 km en cinco días monte a través desde Cataluña patrocinado pola empresa galega TSR

Lembra a aposta polo motor e polos pilotos galegos que compiten no Dakar como Javier Campos, Edu Iglesias, Fran Gómez-Pallas ou Ricardo Ramilo que neste 2024 estiveron patrocinados pola Xunta

21/06/2024 | 17:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O parque acuático do complexo deportivo de Monterrei abre as súas portas ata o vindeiro 15 de setembro

O horario é de 12 a 21 horas cunha ocupación diaria máxima de 2.500 persoas

21/06/2024 | 17:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e sindicatos constitúen a comisión negociadora do plan de igualdade para o persoal docente

É o punto de partida para a redacción deste documento para avanzar na eliminación de calquera tipo de discriminación neste ámbito laboral