Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.611 novas:

07/06/2024 | 14:42 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta avanza polo camiño da solvencia e a estabilidade como máximas garantías para todas as empresas que queiran investir na Comunidade

Miguel Corgos clausurou o Encontro Finance Date 2024 da APD, onde afirmou que este marco de seguridade permite a Galicia ter un bo acceso aos mercados capitais e cubrir as súas necesidades de financiamento en mellores condicións que outras administracións

07/06/2024 | 14:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta anima ás persoas maiores a vivir unha xubilación activa e chea de actividades

O Goberno galego impulsou este mesmo ano o Carné +65 que ofrece descontos, viaxes e actividades para os máis de 700.000 maiores galegos

07/06/2024 | 14:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros reafirma o compromiso do Goberno galego co emprendemento e a xeración de emprego en Ferrolterra

Interesouse polos proxectos e iniciativas promovidas por esta entidade de recente constitución e expuxo as ferramentas autonómicas de apoio ao sector, entre elas a novidosa convocatoria do Bono Remuda para impulsar o traspaso de negocios e garantir a súa permanencia no tecido produtivo

07/06/2024 | 13:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia recolle unha media anual de 5.000 mostras e realiza ao redor de 200.000 análises

Paula Uría pon en valor o traballo analítico que realiza a entidade, nas súas sedes da Coruña e Pontevedra, para mellorar os servizos e a calidade de vida da cidadanía

07/06/2024 | 13:49 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo anima á cidadanía a participar no Festival Mar de Mares que acolle A Coruña e no que a Xunta pon en valor os produtos pesqueiros galegos

A delegada territorial participou na apertura do evento coa inauguración da exposición “O noso rastro no mar” e subliñou o apoio do Goberno galego a través da campaña Galicia sabe Amar

07/06/2024 | 13:48 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pón en valor o sector da loxística como chave para o desenvolvemento industrial e enerxético de Galicia

Sinala que Galicia ten un tecido empresarial consolidado e un sistema ben estruturado para atraer empresas á Comunidade

07/06/2024 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
07/06/2024 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
07/06/2024 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a execución das obras de renovación e instalación de iluminación da senda peonil da estrada PO-549, que comunica Vilanova e Vilagarcía de Arousa

A intervención, adxudicada por máis de 236.000 euros, permitirá actuar no itinerario peonil executado nesta vía autonómica en Corón cun investimento de 1,1 M€