Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Sanidade:

08/05/2023 | 12:44 | C. de Sanidade

O Sergas abre o prazo de elección telemática de destinos para os aspirantes definitivamente seleccionados para o ingreso en catro especialidades da categoría de facultativo especialista de área

A elección de destino será telemática a través de Fides/expedient-e, evitando o desprazamento dos aspirantes á sede do órgano convocante

05/05/2023 | 17:10 | C. de Sanidade

Sanidade destaca o papel clave da Atención Primaria na prevención cardiovascular controlando os principais factores de risco

Así o puxo de manifesto Julio García Comesaña, no acto de inauguración do 2º encontro Cardioloxía-Atención Primaria
 

05/05/2023 | 15:01 | C. de Sanidade

A Xunta agradece o labor dos profesionais sanitarios e da Federación Alcer Galicia na elaboración do proceso asistencial integrado da enfermidade renal crónica

O conselleiro de Sanidade destaca o carácter multidisciplinar e centrado no paciente do Proxecto Galion, que permitirá a detección precoz da Enfermidade Renal Crónica a través dun algoritmo automatizado

05/05/2023 | 14:55 | C. de Sanidade

O Sergas adapta as bases do procedemento do concurso de traslados do persoal estatutario para incentivar a cobertura de prazas de médicos nos hospitais comarcais

Co obxecto de impulsar a provisión de postos de difícil cobertura, os servizos prestados por facultativos especialistas nos hospitais dos distritos sanitarios de Cee, A Mariña, Monforte de Lemos, Verín e O Barco de Valdeorras, computarán o triplo no concurso de traslados

05/05/2023 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Fonte:

Trenor participa na presentación dos actos do 40 aniversario de Aseica que terán lugar do 13 ao 17 de novembro na Coruña

O acto central será a celebración dun congreso no que está previsto que asistan máis de 500 científicos e científicas

04/05/2023 | 10:56 | C. de Sanidade

O Sergas organiza actividades para mellorar o coñecemento sobre a hixiene de mans nos centros asistenciais

O departamento sanitario galego súmase á conmemoración da Xornada Mundial de Hixiene das Mans, promovida pola Organización Mundial da Saúde

04/05/2023 | 10:31 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 987 casos activos por coronavirus

Un total de 694.186 pacientes xa están curados

02/05/2023 | 20:38 | A Presidencia da Xunta

Rueda recorda ao delegado do Goberno central os compromisos con Galicia que seguen pendentes

Demanda a reconstrución en paralelo dos dous viadutos da A-6, un calendario definitivo para a posta en marcha dos novos trens Avril e investimentos para o Corredor Atlántico Noroeste, así como a axilización da transferencia da AP-9

01/05/2023 | 12:20 | C. de Sanidade

Unha tese de doutoramento deseña un método para optimizar a atención urxente ao politraumatismo infantil

O cirurxián pediátrico, Javier Gómez Veiras, doutorouse con sobresaínte cum laude pola USC