Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

25/04/2023 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 3,6 M€ as obras de mellora do firme en cinco estradas autonómicas da provincia de Ourense ao seu paso por 17 concellos

Intervirase nunha lonxitude de máis de 120 km de vías autonómicas con actuacións puntuais nas estradas OU-193 e OU-801 en Cortegada, na OU-536 ao seu paso por Xunqueira de Espadanedo e demais concellos da traza, na OU-412 e na OU-101
 

25/04/2023 | 13:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 9 ofertas para executar un aparcadoiro disuasorio para o fomento do vehículo compartido na avenida de Breogán de Lugo, cun investimento de case 1,2 M€

O aparcadoiro emprazarase nunha zona estratéxica pola súa situación entre as estradas nacionais N-VI e N-540, ademais de pola súa proximidade ao Barrio da Residencia
 

25/04/2023 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do acceso desde a estrada autonómica AC-240 aos núcleos de Oca de Arriba e Oca de Abaixo, en Touro

A intervención supón un investimento de máis de 48.000 € e mellorará a seguridade no acceso a estes núcleos desde a marxe esquerda da vía, á altura da Maroxa, cun importante tránsito de maquinaria agrícola
 

24/04/2023 | 16:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto do novo centro de saúde de Muíños

O contrato, adxudicado por un importe de preto de 55.000 euros, asinarase nos vindeiros días para iniciar a redacción do proxecto de forma inmediata

24/04/2023 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os traballos de formigonado nas obras da autovía Tui-A Guarda entre os enlaces da A-55 e areas fan preciso un corte nocturno o xoves desta semana

O corte de tráfico realizarase entre os quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía A-55 e comezará ás 10 da noite do xoves, restablecéndose ás 6 da mañá do venres

23/04/2023 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A renovación do firme na autovía Santiago-Brión e na vía de altas prestacións Pardiñas-As Galanas fará necesario o corte dun carril a partir do martes

A intervención de mellora do firme suporá un investimento de case 5,9 M€, asumido dentro do contrato de concesión da autovía

Para acometer as obras, cuxo prazo de execución é de 4 meses, será preciso o corte puntual dun carril da AG-56, desviando o tráfico nese sentido polo outro carril

Os traballos consistirán no acondicionamento do firme e na reposición da sinalización horizontal e vertical
 

23/04/2023 | 10:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará esta vindeira semana actuacións de limpeza e acondicionamento nas marxes de seis estradas autonómicas das 4 provincias

As novas tarefas desenvolveranse na AC-231 en Sobrado; nas estradas LU-617 e LU-152, nos concellos de Monforte de Lemos, o Valadouro, Alfoz e Foz; na OU-525, en Taboadela e Ourense; na autovía AG-51 en Salvaterra de Miño; e na PO-223 en Pontevedra

22/04/2023 | 11:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para executar a mellora do firme en 3 estradas da Xunta da provincia de Lugo, cun investimento de 2,1 M€

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas LU-231, LU-232 e LU-115, nos municipios de Lugo, Friol, Palas de Rei, Castro de Rei e Outeiro de Rei

21/04/2023 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora do firme en 5 estradas ao paso polas comarcas de Ferrolterra e de Betanzos, cun investimento de máis de 1,3 M€

Actuarase nas estradas AC-102, AC-116, AC-122, AC-133 e AC-160 nos concellos de Cerdido, Cedeira, Narón, Valdoviño, Cabanas, Fene, Mugardos, Fene, Miño e Vilarmaior

21/04/2023 | 13:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Adxudicada por máis de 885.000 € a rehabilitación integral do instituto de Curtis

A plataforma de contratación da Xunta publica a resolución de adxudicación desta obra, que ten un prazo de execución de cinco meses