Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da área temática Educación:

13/01/2023 | 12:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede preto de 215.000 € ao Concello de Sober para a creación dunha escola infantil de 40 prazas

Esta axuda permitirá ampliar en 20 prazas o actual Punto de Atención á Infancia de Sober e transformalo así nunha escola infantil

12/01/2023 | 14:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
12/01/2023 | 14:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia novas obras nos colexios de Dozón e Rodeiro cun investimento de máis de 700.000 €

As actuacións nos colexios Pío Cabanillas (Dozón) e Plurilingüe de Rodeiro licitaranse hoxe mesmo e suporán a renovación de máis de 400 fiestras por outras novas

12/01/2023 | 14:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta apoia en Ferrol a formación de dez alumnos retornados de Arxentina, Brasil e Venezuela que cursan un ciclo no CIFP Ferrolterra

Os participantes na iniciativa reciben unha bolsa de 6.500 euros para cubrir os gastos da viaxe, o aloxamento e a manutención durante este curso 2022/2023

12/01/2023 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta acomete a reforma de toda a instalación de iluminación do CEIP Antonio Blanco Rodríguez de Covelo cun investimento de 43.000 €

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, supervisou esta actuación, orientada a dotar ao centro de equipos con maior luminosidade e menor consumo, xunto ao alcalde, Pablo Castillo

11/01/2023 | 15:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta insta ao Goberno do Estado á equiparación “efectiva e real” dos titulados en ensinanzas artísticas superiores co ensino universitario

Román Rodríguez advirte de que a futura lei estatal de ensinanzas artísticas superiores que está preparando o Ministerio sexa “unha nova oportunidade perdida” para poñer en valor esta formación académica de alta cualificación

11/01/2023 | 13:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede 62.000 euros ao Concello de Outes para a creación dunha escola infantil municipal de 30 prazas

Esta axuda permitirá ampliar en 10 prazas o actual Punto de Atención á Infancia de Outes e transformalo así nunha escola infantil

11/01/2023 | 13:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Martina Aneiros pon en valor as obras de mellora da eficiencia enerxética do IES de Catabois no que a Xunta está a investir máis de 760.000 €

Os traballos, incluídos no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, se estima que poidan estar concluídos a finais de febreiro

11/01/2023 | 13:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Fernández-Tapias inaugura no IES Audiovisual de Bouzas as xornadas ‘TED Fala’ para o emprendemento do alumnado

A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou a importancia da formación e salientou a iniciativa do centro para organizar charlas motivacionais

10/01/2023 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia a rehabilitación integral do colexio CPI San Vicente de A Baña por 1,2 M€

Entre outras actuacións, está previsto acometer traballos nas cubertas e fachadas para mellorar a impermeabilización, así como na carpintaría exterior