Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.611 novas:

07/06/2024 | 18:34 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos agradece a implicación do instituto Rafael Dieste para “comerciar co uso da lingua”

A cita celebrada na Coruña pon o peche neste curso á campaña de dinamización do galego impulsada polo centro co apoio do Goberno autonómico.

07/06/2024 | 17:38 | C. de Economía e Industria

Lorenzana convoca a Endesa para facer o seguimento do inicio da fase de desmantelamento da central das Pontes e da continuidade dos empregos vinculados

A conselleira de Economía e Industria reunirase o vindeiro martes cos axentes económicos e sociais no seo da Mesa para o impulso da actividade económica das Pontes para solicitar á compañía a continuidade dos actuais traballadores nas tarefas que están a piques de comezar 

07/06/2024 | 17:37 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño pon en valor a Estratexia de Oncoloxía de Precisión e o papel decisivo do futuro Comité Molecular de Tumores de Galicia

O conselleiro de Sanidade subliña a importancia que terá o proxecto Xenoma Galicia para o deseño de novos tratamentos oncolóxicos personalizados

07/06/2024 | 17:19 | C. do Medio Rural

A conselleira do Medio Rural ensalza o sector agrogandeiro galego na inauguración das Feiras de Primavera do páramo

Gómez puxo de relevo o liderado de Galicia como produtora de leite a nivel nacional e europeo, o entorno rural e a gandaría bovina, destacando particularmente a vocación leiteira da comarca de Sarria e do concello de O Páramo

07/06/2024 | 16:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo resalta o nivel do fútbol galego no terceiro Congreso internacional dedicado a adestradores deste deporte

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na inauguración de ‘O Camiño do Futgal’, onde puxo en valor as 100.000 licenzas da Real Federación Galega de Fútbol, das que o 10% son de mulleres, así como as máis de 5.500 de adestradores 

07/06/2024 | 15:46 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Lama continuará co embelecemento da avenida Barreiro Cabanelas grazas a unha axuda da Xunta

As obras serán posibles grazas á subvención a concellos de ata 10.000 habitantes para a mellora das infraestruturas turísticas, que deixou na Lama 30.000 euros

07/06/2024 | 15:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Do 24 de xuño ao 4 de xullo estará aberto o prazo de solicitudes para cursar FP nas preto de 47.000 prazas de novo ingreso para o vindeiro curso

O conselleiro de Educación participa no Consello Galego de FP onde se avanzou o calendario que se pode consultar no Portal Educativo

07/06/2024 | 15:22 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos inaugura no Arquivo de Galicia unha mostra sobre saúde mental, cultura e inclusión social

A exposición Mentes no labirinto reúne documentos do Hospital Psquiátrico de Conxo, en Santiago, do antigo de Toén e do de Piñor, ambos en Ourense