Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.611 novas:

08/06/2024 | 12:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz felicita a Carlos Remeseiro polo seu título mundial de culturismo

O deportista e traballador da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo foi recibido pola representante autonómica

08/06/2024 | 11:26 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

O volume de exportacións do Hipersector TIC galego supera os 120 M€, o importe máis alto desde 2017

O valor engadido bruto (VEB) do Hipersector TIC galego aumenta un 1,4 % no último ano e sitúase, por primeira vez, por riba dos dous mil millóns de euros

08/06/2024 | 11:05 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta comparte con Asociacións de Camiños de Santiago os seguintes pasos da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

A directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez, participa no municipio lucense do Saviñao nunhas xornadas con estas entidades

08/06/2024 | 10:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza as primeiras voaduras do movemento de terras para avanzar na execución das obras de prolongación da autovía Santiago-A Estrada entre A Ramallosa e Pontevea, en Teo

O progreso na intervención obriga a cortar a partir deste luns un vial municipal, que non da servizo directo a ningún núcleo e conta con alternativa de tránsito 

08/06/2024 | 10:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 13 ofertas para executar a obra da senda que unirá Pontevedra con Marín

A intervención no treito Mollavao-Praceres, licitada por preto de 6,3M€, permitirá executar 3,5 quilómetros de itinerario pola marxe dereita desta vía autonómica, que se complementará cun aparcadoiro, un miradoiro e un parque infantil

08/06/2024 | 10:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta investirá máis de 125.000 euros na creación do futuro punto de encontro familiar do Deza

Este mesmo mes sairá a licitación pública a creación deste servizo que permitirá que as familias e os menores de idade non teñan que trasladarse ducias de quilómetros para realizar as visitas establecidas polo réxime xudicial

08/06/2024 | 10:04 | C. do Medio Rural

Medio Rural promove unha xornada de portas abertas no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Mostraranse as liñas principais de investigación do centro, así como directrices da Axencia Galega de Calidade Alimentaria no referente á I+D+i

08/06/2024 | 10:01 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta incrementa un 23 % as axudas para que establecementos turísticos avancen en calidade e sostibilidade

O Diario Oficial de Galicia publica a nova convocatoria para a obtención ou mantemento da marca Q de Calidade Turística e a marca S de Sostibilidade Turística por 210.000€

07/06/2024 | 19:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Sarreaus os oficios vinculados á produción artesanal da la

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou na inauguración da 3ª edición do Paseo da La