Actualidade
Buscador de novas
A Xunta constitúe o Consello Técnico Asesor da Rede de Centros de Simulación Clínica Avanzada
A simulación clínica é unha metodoloxía de aprendizaxe que reproduce experiencias reais de pacientes mediante escenarios guiados e controlados
A Xunta mellora a formación sobre técnicas de reanimación cardiopulmonar básica e manexo do DESA de dez traballadores do Concello de Mugardos
A instrución estivo impartida por técnicos en emerxencias sanitarias do 061 axudados de tres torsos cos que os participantes puxeron en práctica as técnicas aprendidas
O Sergas anuncia as datas e horarios para a realización dos exercicios para o acceso a persoal de enfermaría e outras categorías profesionais
Os exames das 11 categorías terán lugar o sábado 24 (en xornadas de mañá e tarde), e o domingo 25 de xuño na xornada de mañá
A Xunta comparte co colexio de médicos da Coruña o momento decisivo do novo CHUAC, que suporá máis que triplicar a superficie construída, acadando os 258.000 metros cadrados
Os conselleiros manifestan a vontade da Xunta de escoitar aos profesionais sanitarios no impulso dun complexo que atenderá nas vindeiras décadas a máis de 550.000 pacientes da área sanitaria da Coruña e Cee, é dicir, o 20% da poboación de Galicia
ADOS e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades agasallarán cun libro a todas as persoas que doen sangue o martes 16
Con esta iniciativa conxunta, a Axencia e o departamento de Cultura do Executivo galego, queren conmemorar a celebración do Día das Letras Galegas, ao tempo que fomentan o solidario xesto da doazón de sangue
O Sergas publica a convocatoria do segundo concurso de méritos da categoría de facultativo especialista de Atención Primaria en Centros de Saúde e postos de difícil cobertura con 72 prazas
Das 72 prazas convocadas, 18 son en centros considerados illados con remuneracións adicionais
Comesaña convida ás empresas galegas a promover os hábitos de vida saudables no ámbito laboral
Na súa visita á compañía de alimentación Congalsa, o titular de Sanidade resaltou as medidas que a empresa está adoptar para mellorar o benestar dos seus traballadores
O Sergas presenta o programa de mellora da adherencia terapéutica a través da preparación de sistemas personalizados de dosificación de medicamentos nas farmacias
O obxectivo xeral deste programa, cuxo lema é “Axudámosche coa túa medicación”, é incrementar a calidade asistencial e os resultados en saúde ao mellorar a adherencia terapéutica e a toma axeitada dos medicamentos
A sanidade galega recolle os galardóns Best in Class cos que se premian unha decena de servizos do Sergas
A estes 10 premios polos servizos asistenciais, engádense outros dous galardóns que recaeron na Consellería de Sanidade, pola súa estratexia autonómica en Oncoloxía, e pola abordaxe das enfermidades raras