Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

04/03/2023 | 11:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana sinala a importancia de impulsar o benestar laboral como factor clave para a mellora do emprego de calidade e a produtividade empresarial

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe en Santiago de Compostela no acto de entrega dos Premios 10 de marzo organizado por CCOO e a fundación que promove o sindicato

03/03/2023 | 18:02 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta transmite en Frankfurt as iniciativas formativas e laborais que garanten o retorno efectivo a Galicia dos galegos de Alemaña

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, explicou en Frankfurt a Estratexia Galicia Retorna 2023-26, que ten como obxectivo ofertar medidas de tódolos eidos que faciliten a integración plena na sociedade galega de aqueles que regresan

02/03/2023 | 17:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros pon en valor a calidade da FP de restauración e servizos de Galicia no XXII Concurso Memorial Fraga do Eume

Alumnos do CIFP Paseo das Pontes, IES Sanxillao, CIFP Manuel Antonio, IES de Foz, CIFP Compostela, IES Vilamarín, CIFP Carlos Oroza, CRP Belarmino Fernández Iglesias, CIFP Fraga do Eume e da Escola de Especialidades Estación Naval da Graña tomaron parte nesta edición

02/03/2023 | 16:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Coristanco está a desenvolver nos seus primeiros meses de funcionamento 35 proxectos empresariais

Trenor lembrou que o Polo Costa da Morte, situado en Coristanco (A Coruña), presta servizo a 29 concellos desta área

02/03/2023 | 12:46 | C. de Sanidade

A Xunta convocará por concurso de méritos a cobertura dunha praza de facultativo de atención primaria nos concellos de Nogueira de Ramuín, Lobios, Lobeira, Coles, Xinzo de Limia e Calvos de Randín

O delegado territorial e o xerente da área sanitaria confirmáronlle aos alcaldes que a Xunta incluirá unha praza de facultativo de atención primaria no centro de saúde do seu concello na convocatoria mediante concurso de méritos que aprobará nas vindeiras semanas

02/03/2023 | 12:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o descenso do paro mensual en Galicia a diferenza do que sucede no Estado e a alza en máis de 5.000 persoas das afiliacións

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, valorou hoxe os datos do paro rexistrado no segundo mes do ano: “Galicia acada a cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica nun mes de febreiro”
 

01/03/2023 | 13:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o fomento do emprendemento en economía social no concello de Barro con axudas a empresas de alugueiro de caravanas e de restauración

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou esta mañá á firma Gorbeia Cíes e a cooperativa xuvenil Sanrc, que recibiron senllas achegas, por un importe global de 46.500 euros, ao abeiro do programa Aprol Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego

28/02/2023 | 12:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana avanza que a Xunta destinará este ano 30 M€ para incentivar a contratación de mozas e mozos a través da nova edición do Plan Emprega Xuventude

Coñeceu de primeira man a traxectoria da firma de venda de material deportivo referente a nivel estatal que grazas a esta liña de apoios contratou tres persoas

27/02/2023 | 14:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor as axudas de ata 3.000 € do Bono Autónomo que se poden solicitar ata o próximo 29 de setembro

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe a iniciativa empresarial Lémbrate, Unidade de Memoria, un exemplo de emprendemento feminino, traballo autónomo e economía social