Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

05/05/2023 | 13:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade peonil na AC-116 ao seu paso polo concello de Narón coa execución dunha cuneta transitable no núcleo do Val

Habilitarase unha cuneta triangular remontable de 2,50 metros de ancho variable para a mellora da seguridade viaria en dous treitos da marxe esquerda da vía

05/05/2023 | 13:02 | C. de Sanidade

O DOG publica a encomenda do Sergas á Axencia Galega de Infraestruturas das obras da fase 2 do CHUF

A fase final das obras ten tres obxectivos principais, a reforma das unidades de hospitalización da zona sur do Marcide; a reforma dos bloques cirúrxicos do Marcide e do Naval; e, ademais, a reforma dos gabinetes de especialidades e os laboratorios de análise clínica e de microbioloxía

04/05/2023 | 14:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a execución dun itinerario peonil na estrada OU-402 en San Bieito do Rabiño, no concello de Cortegada

A intervención supón un investimento de máis de 48.000 € e céntrase na execución dunha senda-cuneta de máis de 200 metros na marxe esquerda desta vía autonómica

04/05/2023 | 13:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca en maio e agosto os actos que completan as expropiacións necesarias para executar o novo treito da autovía Santiago-A Estrada, entre A Ramallosa e Pontevea

O levantamento de actas previas terá lugar entre o 22 e o 26 de maio, das 10,00 ás 13,00 horas no salón de plenos do Concello de Teo, e a formalización das actas de ocupación entre o 21 e o 25 de agosto, á mesma hora e no mesmo lugar

04/05/2023 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 125.000 € as obras que completarán a ampliación do saneamento da parroquia de Santa María de Melide

Culminarase a rede para dar servizo a 206 habitantes, tras unha primeira actuación coa que se dotou de saneamento as vivendas da parroquia na contorna da N-547

04/05/2023 | 13:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada autonómica OU-122 en Carballeda de Valdeorras, que supoñen un investimento de 145.000 euros

Hoxe e mañá traballarase na rehabilitación localizada do firme no treito de 11 quilómetros desta vía autonómica no municipio, entre os quilómetros 3 e 14

03/05/2023 | 17:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abrirá ao tráfico desde mañá unha das calzadas do viaduto superior do enlace da Vía Ártabra coa N-VI en Iñás, no concello de Oleiros

A partir das 10,00 horas de mañá poderá circularse polo enlace que dá continuidade a estrada nacional

03/05/2023 | 15:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade na estrada PO-315 en Beluso, no concello de Bueu, que suporán un investimento de 330.000 €

O obxectivo é a construción dunha beirarrúa pola marxe esquerda da vía, nun treito duns 600 metros que conectará as beirarrúas nos núcleos da Achadiza e da rúa Nova de Abaixo

03/05/2023 | 15:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acorda con Tradime a convocatoria este ano de axudas para dotación de servizos para camións en gasolineiras e urxir unha solución completa para a A-6

A Xunta publicará nos vindeiros meses unha orde de axudas para dotar as áreas de servizo de espazos de descanso con videovixilancia e duchas para os profesionais do transporte