Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

09/03/2023 | 18:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta xa prestou asesoramento personalizado a 195 persoas e axudou a desenvolver 184 proxectos

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardado, participou hoxe por videoconferencia na xornada Marketing sostible, unha estratexia de futuro moi presente, a primeira formación en grupo dirixida aos proxectos da Rede

09/03/2023 | 15:50 | C. de Sanidade

A Xunta destaca no Congreso Nacional de Hospitais a eficacia do concurso de méritos para cubrir postos de difícil cobertura nos comarcais

Así o defendeu o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no 23 Congreso de Hospitales y Gestión Sanitaria celebrado en As Palmas, no que participou na mesa de conselleiros

09/03/2023 | 15:15 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda anuncia que a Estratexia Autonómica de RSE 2023-2025 quintuplica a súa dotación ata case os 175 M€ para favorecer a competitividade das empresas e atraer talento

Lembra que Galicia “foi a primeira rexión europea” en contar cun plan estratéxico nesta materia, aprobado no 2012

09/03/2023 | 13:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

As probas coas que a Xunta avaliará as competencias clave en matemáticas e linguas celebraranse en Silleda o 20 de maio

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica hoxe na súa páxina web a relación provisional de persoas admitidas para realizar os exames, que terán de prazo ata o 15 de marzo para reclamar de ser o caso

07/03/2023 | 18:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola formación especializada na confección téxtil para profesionais de artesanía de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta tarde en Santiago o curso intensivo de perfeccionamento de remates e patróns, que forma parte da programa de formación especializada para artesáns impulsado pola Administración autonómica

07/03/2023 | 14:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O programa autonómico de impulso ao emprendemento feminino, Emega, permitiu nos últimos trece anos apoiar 1.480 proxectos e a creación de 2.084 empregos

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Santiago de Compostela a iniciativa Creativas Galegas, un colectivo formado por mulleres artesás e do eido cultural beneficiarias das axudas da Xunta

07/03/2023 | 12:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reactiva o Programa Integrado de Emprego de Tui para outorgar oportunidades laborais a 100 desempregados cun obxectivo de inserción do 45 %

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou esta mañá, xunto ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, as actividades desta iniciativa laboral, na que a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade inviste 250.000€

07/03/2023 | 11:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Trenor anima ás pemes a solicitar as axudas de 1,4 M€ para promover a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial entre o tecido produtivo galego

Esta orde recolle apoios de ata 9.000 € para medidas de flexibilidade horaria ou de fomento do teletraballo e de ata 20.000 € para financiar o investimento necesario para garantir o traballo en remoto

06/03/2023 | 12:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana destaca en Lugo a aposta autonómica polo talento feminino a través do plan emprega muller cun investimento superior aos 16 M€ en 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe dous negocios liderados por mulleres, Landra e San Marcos Café, beneficiarios dos apoios do Xempre Emprendemento e Emega