Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.613 novas:

10/06/2024 | 15:20 | C. de Sanidade

A Xunta licita por 419.000 euros as obras de reforma do centro de saúde de Domaio, no concello de Moaña

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de xullo

10/06/2024 | 14:49 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

O delegado territorial da Xunta en Ourense presenta a 3ª edición do ciclo ‘Rock entre pedra e poesía’

Luz Casal actuará o 24 de xullo no claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova

10/06/2024 | 14:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca oito cursos de formación especializada que se celebrarán no Corazón da Artesanía de Agolada

A Fundación Artesanía de Galicia organiza cursos centrados na cestería, na olería tradicional de Buño, na tapicería, no bordado ou no debuxo e mais un obradoiro práctico sobre decoración de mesas

10/06/2024 | 14:12 | C. de Sanidade

A Estratexia de Economía Circular do Servizo Galego de Saúde, finalista nos Premios Europeos de Sanidade Sustentable

O Premio Bolmstedt á Innovación, de Health Care Without Harm, recoñece as solucións creativas e novidosas para facer un sistema sanitario máis eficiente e mellor para as persoas e o planeta

10/06/2024 | 13:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta difunde as capacidades de investigación e innovación de Galicia ante unha delegación internacional do sector biotecnolóxico

A directora da Axencia Galega de Innovación saúda aos representantes de seis países  que visitan o Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC

10/06/2024 | 13:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na simulación dun incendio nivel 2 en varios concellos das provincias da Coruña e Pontevedra

O director xeral de Emerxencias e Interior e o director xeral de Defensa do Monte participaron xunto cos delegados territoriais da Xunta na Coruña e Pontevedra na coordinación do operativo que abarcou os municipios de Valga, Pontecesures, A Estrada e Padrón

10/06/2024 | 13:28 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde licita a reforma da Unidade de diagnóstico de Aparello Dixestivo do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

A Xunta destina 382.806 euros a unha actuación que permitirá dotar dunha sala de procesamentos dixestivos avanzada de 81 metros cadrados de superficie

10/06/2024 | 12:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta informa aos axentes implicados no impulso do emprendemento e do emprego sobre o Bono remuda activo para garantir o mantemento dos negocios

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no webinario organizado para dar conta da convocatoria novidosa por 1,5 millóns de euros para impulsar o traspaso de negocios no marco da Rede de polos

10/06/2024 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica a aprobación das actuacións de mellora da accesibilidade e conectividade de 43 paradas de autobús en estradas autonómicas en Nigrán

O proxecto prevé intervir nas paradas situadas nas vías PO-325, PO-552 e PO-340, todas no municipio de Nigrán, enmarcadas nas rutas de acceso polo sureste a Vigo