Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

09/05/2023 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza a execución da nova vía de conexión da aldea de Fafián, que supón o inicio da variante de Ribeira cun investimento de 860.000 €

Trátase dos traballos de construción dunha vía de 220 metros desde a conexión coa estrada DP-7305, mediante unha glorieta de 34 metros de diámetro, ata Fafián, onde finaliza cunha intersección en “T”

09/05/2023 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 210.000 euros as obras para minimizar o risco de inundación na marxe dereita do río Valga, no Concello de Valga

Os traballos céntranse na zona na que conflúen o río e un rego innominado, nunha área recreativa xunto coa estrada N-550 que conta con praia fluvial, zona de merendeiros e instalacións de ocio

09/05/2023 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras da senda peonil na contorna do enlace da autovía do Salnés coa PO-504 para resolver unha barreira de mobilidade e permitir un itinerario máis seguro e accesible

O contrato permitirá executar un itinerario de 380 metros para unir ambas as marxes da autovía e resolver a barreira que supón para a mobilidade a alta densidade de tráfico que rexistra a zona

09/05/2023 | 12:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras para a nova mellora do acceso da Vía Ártabra ao porto de Lorbé, en Oleiros, cun investimento de máis de 270.000 €

Mellorarase o acceso ao porto de Lorbé desde a intersección da Vía Ártabra coa estrada provincial CP-5802 ata a entrada ao recinto portuario
 

09/05/2023 | 12:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O auditorio do Pazo de Mos mellora a súa climatización co apoio da Xunta

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e o presidente da Fundación Pazo de Mos asinaron hoxe o acordo de colaboración

09/05/2023 | 12:28 | C. de Sanidade

O DOG publica a encomenda do Sergas á Axencia Galega de Infraestruturas das obras do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

O Novo Chuac é a obra sanitaria de maior envergadura que acometerá a Xunta nesta lexislativa

09/05/2023 | 12:28 | C. de Sanidade

O DOG publica a encomenda do Sergas á Axencia Galega de Infraestruturas das obras de ampliación do Hospital da Mariña

As fases II e III do Plan director do Hospital da Mariña acadan un investimento, por parte da Xunta de Galicia, de 30 millóns de euros

08/05/2023 | 15:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade peonil na estrada autonómica LU-617 na contorna do cemiterio de Monforte de Lemos

Actúase nun treito recto, con beirarrúas no seu inicio e no seu final, co obxectivo de mellorar a seguridade da estrada mediante a separación física do tráfico de vehículos e de peóns, dándolle continuidade ao itinerario peonil existente

08/05/2023 | 14:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca en maio, xuño e xullo os propietarios dos terreos necesarios para a mellora de 51 paradas de autobús en estradas autonómicas de acceso á cidade de Lugo

Acondicionaranse as paradas de autobús situadas en 15 estradas autonómicas ao paso por 10 concellos da provincia e suporán un investimento de máis de 2,2 M€

08/05/2023 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convida aos enxeñeiros de camiños a achegar propostas construtivas pioneiras e singulares para os accesos ao Novo CHUAC, que se licitarán en xuño cun concurso de proxecto e obra

Na xuntanza abordouse o desafío técnico dos accesos para garantir o funcionamento do actual hospital, encaixalos coa AC-10 e a avenida das Xubias pola que circulan 20.000 vehículos diarios, minimizar a afección e garantindo a máxima integración paisaxística