Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

11/05/2023 | 17:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta remite aos concellos os convenios do programa de barrios que permitirán convocar axudas por case 33 M€ para rehabilitar edificios e vivendas

A convocatoria de 2022, financiada exclusivamente con fondos europeos, pechouse en Galicia con 28 entidades locais beneficiarias, que deberán subscribir agora un acordo co IGVS e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

11/05/2023 | 14:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 950.000 € as obras de mellora do bombeo e o colector de Cabanelas, en Cambados e Ribadumia

As actuacións, cun prazo de execución de 6 meses, inclúen modificación do trazado da impulsión dese bombeo para que verta directamente á depuradora de Ribadumia, evitando o actual paso polo bombeo de Barrantes

11/05/2023 | 12:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica a aprobación do proxecto da nova senda peonil entre Bamio e Carril, en Vilagarcía de Arousa, cun investimento de 335.000 euros

Executarase un itinerario alternativo e segregado do tráfico rodado, que sorteará o cruce do Salgueiral, creando unha nova senda entre estes dous núcleos do municipio

11/05/2023 | 12:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe a aprobación dos proxectos para mellorar 69 paradas de autobús nos concellos de Ares, Fene, Mugardos e Neda

Trátase de actuacións en 8 estradas autonómicas das rutas da zona sur de Ferrol para dotar as paradas de marquesiñas, mellorar a accesibilidade, ofrecer información en braille, incrementar a visibilidade e disposición de iluminación

11/05/2023 | 12:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica a declaración de interese autonómico do proxecto de aparcadoiro de vehículos pesados no enlace da balsa na VG-20, que dará servizo ao polígono de Balaídos, en Vigo

Recolle o acordo aprobado polo Goberno galego o 20 de abril, na súa contribución ao desenvolvemento das políticas autonómicas sectoriais de seguridade viaria, operatividade loxística e pola súa incidencia económica, social e territorial

11/05/2023 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 48.000 € en actuacións de mellora de infraestruturas turísticas nos concellos de San Sadurniño e Cabanas

O DOG recolle a resolución desta convocatoria destinada a concellos de ata 10.000 habitantes e dotada dun crédito orzamentario de 3 M€

10/05/2023 | 13:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para a execución dunha glorieta na AC-418 en Malpica de Bergantiños, co fin de mellorar a seguridade e a fluidez do tráfico na zona de Ventorrillo

Vázquez Mourelle concreta que en outono se prevé ter redactado o proxecto para poder avanzar cara á construción desta glorieta na intersección que vai do rueiro do Ventorrillo ao colexio e á biblioteca

10/05/2023 | 13:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina o convenio que permite manter os servizos de autobús urbano entre A Coruña e o núcleo de Meicende, no concello de Arteixo

Mantense a cobertura do servizo que presta a través da liña 6, do que se fará cargo a empresa que está a operar no transporte urbano do Concello da Coruña

10/05/2023 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a convocatoria dos actos expropiatorios dos terreos necesarios para executar o aparcadoiro disuasorio na avenida de Breogán de Lugo

O levantamento de actas previas terá lugar entre o vindeiro día 1 de xuño e a formalización das actas de ocupación será o 11 de xullo, en ambos os dous casos no salón de actos do Centro Uxío Novoneyra en Lugo

09/05/2023 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a execución da nova senda entre O Peteiro e O Baño, no Concello de Mugardos, que supón un investimento de case 535.000 €

Trátase de habilitar un itinerario de case 600 metros pola marxe dereita da AC-131, desde o final das beirarrúas actuais ata a vía urbana de acceso ao Baño