Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

27/03/2023 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Luis López destaca a aposta da Xunta polo emprego na comarca de Caldas na súa visita ao obradoiro Os Camiños do Camiño III

O delegado territorial en Pontevedra animou os 20 alumnos-traballadores, distribuídos nos módulos de Albanelería e Xardinaría-Forestal, a aproveitar esta oportunidade formativa para aprender un oficio e dotarse de máis oportunidades de futuro no mercado laboral
 

25/03/2023 | 13:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana pon en valor en Ourense as axudas da Xunta aos autónomos e emprendedores que suman este ano máis de 78 millóns de euros

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe o establecemento Lola Limón, beneficiario das axudas dos programas Xempre Autónomo e Xempre Emprendemento

25/03/2023 | 12:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Xunta e Dirección Xeral de Tráfico colaborarán para a mellora da seguridade viaria e laboral de Galicia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou un protocolo co organismo adscrito ao Ministerio do Interior para levar a cabo actuacións de información e sensibilización, entre outros

24/03/2023 | 18:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar

A Xunta traballa da man de 13 entidades representantes das mulleres do mar na prevención das enfermidades profesionais que lles afectan

A directora xeral de Relación Laborais, Elena Mancha, participou no encontro que a Xunta celebrou hoxe coa Asociación de Mulleres na Pesca (Anmupesca) sobre enfermidades laborais que afectan a redeiras, mariscadoras e percebeiras

24/03/2023 | 14:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abrirá en Vigo este ano un dos polos da rede autonómica de emprendemento e apoio ao emprego

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacaron hoxe a importancia de que Vigo albergue unha destas oficinas por ser unha cidade estratéxica para toda Galicia

23/03/2023 | 18:44 | C. de Sanidade

A Xunta ampliará o centro de saúde do Rosal para poder dotar ao concello dunha cuarta praza médica

O conselleiro de Sanidade e a alcaldesa de O Rosal asinaron hoxe un protocolo de colaboración para facilitar o trámite urbanístico e a cesión de terreos para a obra

23/03/2023 | 18:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Xunta e empresarios de Ponteceso traballarán da man para conectar oferta con demanda de traballo e dar resposta ás vacantes do mercado laboral

A Asociación de Empresarios de Ponteceso súmase ao sistema de difusión de ofertas do Servizo Público de Emprego de Galicia tras a sinatura hoxe do protocolo de adhesión a esta iniciativa do Goberno galego

23/03/2023 | 17:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta expón en Viseu os servizos de asesoramento personalizado que prestan os profesionais da rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe no IX Encontro internacional de xoves emprendedores (EIJE)

23/03/2023 | 16:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e os hostaleiros lucenses impulsan un novo programa integrado de emprego que formará a 100 traballadores

O Goberno galego leva investidos 1,7 millóns de euros nas oito edicións deste proxecto, que promove a APEHL para incorporar a profesionais cualificados nas distintas categorías do sector