Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.010 novas da área temática Áreas temáticas:

25/06/2024 | 14:25 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude
25/06/2024 | 14:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo anuncia a licitación das obras de ampliación e mellora do CEIP Mar de Fora de Fisterra que contarán cun investimento de case 1 M€

A delegada da Xunta destacou que estas actuacións mellorarán o día a día da comunidade educativa, cun centro con maior espazo, confort térmico e máis accesible

25/06/2024 | 13:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta ofrece este verán plans culturais en máis de 200 concellos a través da campaña ‘CulturON 2024’

López Campos convida á cidadanía a sumarse a “unha oferta descentralizada e diversificada, accesible a todos os públicos que pon o foco nas zonas do rural”

25/06/2024 | 13:49 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Xosé Merelles pon en valor o papel do Festival Espírito Ribeiro para diversificar o turismo en verán

O director de Turismo de Galicia presenta o evento xunto o delegado da Xunta en Ourense que se celebrará en Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño co apoio da Xunta

25/06/2024 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta ten aberto ata o 2 de xullo o prazo de solicitude das axudas a comunidades de veciños para a rehabilitación de edificios de vivendas protexidas

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, informou da convocatoria durante a visita a un inmoble rehabilitado con cargo a esta liña de axudas da Consellería de Vivenda e Planificación de infraestruturas dotada dun orzamento dun millón de euros

25/06/2024 | 13:28 | A Presidencia da Xunta

O CIFP As Mercedes colaborará con Protección Civil de Lugo para intervir con drons en emerxencias e plans preventivos

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explica que a Administración autonómica asinou hoxe un convenio co Concello para levar a cabo esta cooperación durante catro anos

25/06/2024 | 13:19 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza a colaboración coa Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia a prol desta produción, na que a nosa comunidade é lider nacional

A conselleira María José Gómez reuniuse en Lugo co presidente da IXP para escoitar as súas demandas, e puxo en valor as axudas para o fomento do castiñeiro, que este ano teñen un orzamento de máis de 1,3 millóns de euros

25/06/2024 | 12:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta sinala a importancia da formación para o emprego axustada ás demandas das empresas para que o sector TIC siga a ser referente en Galicia

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, acompañada do director do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), visitou hoxe as instalacións na Coruña de NTT Data

25/06/2024 | 12:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realizou no que vai de ano actuacións de conservación en máis de 150 quilómetros de ríos galegos cun investimento dun millón de euros

Ángeles Vázquez explicou que os traballos consisten na retirada de árbores caídas nas canles fluviais, a limpeza das marxes, o control de especies exóticas invasoras e a eliminación de obstáculos que impidan o discorrer libre das augas