Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

15/05/2023 | 13:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O comezo das obras de reurbanización da avenida Rodríguez de Viguri de Santiago fará necesario o corte dun carril a partir deste vindeiro xoves 18

Esta actuación, que suporá un investimento de máis de 1,6 M€, remodelará esta rúa da contorna do actual edificio administrativo da Xunta, dispoñendo unha zona de parada de autobús con marquesiñas, dous itinerarios para ciclistas e estacionamentos de bicicleta
 

15/05/2023 | 11:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilita esta tarde o treito acondicionado da estrada AC-301 en Rois, que mellora a mobilidade e a seguridade na contorna

Ponse en servizo o treito no que se levou a cabo a rectificación dunha curva, no marco da actuación de execución dun novo itinerario de 820 metros na marxe da vía

15/05/2023 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita o novo edificio xudicial da Estrada

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse co alcalde José López para abordar o avance deste proxecto que permitirá unificar nun so inmoble os dous xulgados da localidade

14/05/2023 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de ampliación da rede de abastecemento e saneamento en Albarellos e en Vilaza, no concello de Monterrei

Augas de Galicia vén de entregarlle estas infraestruturas hidráulicas ao Concello, cuxas obras supuxeron un investimento autonómico de preto de 48.000 €

14/05/2023 | 11:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 446.000 € a obra dun novo aparcadoiro no complexo medioambiental de Sogama

Con esta actuación habilitaranse 60 novas prazas de aparcamento e 6 puntos de recarga eléctrica nas inmediacións da planta termoeléctrica das instalacións de Cerceda

14/05/2023 | 11:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará esta semana actuacións de limpeza e acondicionamento nas marxes de 4 estradas autonómicas

Na provincia da Coruña, as tarefas comezarán na estrada AC-552, ao paso polos concellos de Carballo e de Coristanco

14/05/2023 | 10:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de pavimentación do aparcadoiro da estrada PO-192 en Bamio, no concello de Vilagarcía de Arousa

Acondicionarase o estacionamento existente na marxe dereita da estrada, co fresado da beiravía e o nivelado da superficie, como pasos previos á súa pavimentación

13/05/2023 | 13:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras dunha nova senda peonil na estrada OU-301 en Bande

O contrato desta actuación adxudicouse por un importe de preto de 48.300 € e comezará a executarse nas vindeiras semanas

12/05/2023 | 11:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada autonómica PO-315 en Aldán, no Concello de Cangas

A actuación, cun investimento de máis de 265.000 €, busca favorecer a seguridade dos usuarios e unha mobilidade máis sustentable