Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

29/03/2023 | 18:57 | C. de Sanidade

Sanidade reúne perfís sanitarios, científicos e xurídicos nunha xornada centrada na saúde mental da muller dende unha perspectiva multidisciplinar

A Xunta reforza os recursos de atención á saúde mental na infancia, na adolescencia e ás persoas maiores a través dos preto de 100 proxectos que recolle o Plan galego

29/03/2023 | 14:18 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca que a rede de Polos de emprendemento cubrirá o cen por cen do territorio galego para apoiar a creación de emprego e de novas iniciativas laborais

Subliña que a Xunta destinará neste 2023 un total de 9,2 millóns a estas ferramentas que favorecen que empresas e emprendedoras creen novos postos de traballo

29/03/2023 | 13:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta entrega ao Concello de Betanzos o Plan director para o Parque do Pasatempo

O documento afonda no coñecemento do parque, nas súas condicións actuais e define as liñas de actuación para a súa conservación
 

28/03/2023 | 15:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o traballo de Cáritas para o acceso ao emprego das persoas en risco de exclusión

O Goberno galego destina máis de 800.000 euros para toda a diocese de Santiago a través da orde de axudas a entidades e con cargo ao 0,7 % do IRPF para a posta en marcha de distintos programas de inclusión social

28/03/2023 | 13:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana pon a nova oficina de emprego de Verín como exemplo da modernización deste servizo, que quere ofrecer atención próxima e dinámica á cidadanía

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana visitou as novas instalacións radicadas na avenida de Sousas, 74

28/03/2023 | 10:53 | C. de Sanidade

O Sergas publica as listas provisionais de admitidos do concurso de traslados aberto e permanente para todas as categorías estatutarias e a oferta de destinos de médico de familia de atención primaria

Neste concurso resultaron admitidos un total de 4.550 profesionais. A categoría con maior número de aspirantes admitidos é a de enfermeiro, con 1.913 solicitudes

27/03/2023 | 20:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana destaca o investimento da Xunta en formación na comarca de Ferrolterra nos últimos 14 anos con 47,3 M€ que permitiu cualificar 16.187 persoas

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, puxo en valor o compromiso do Goberno galego con Ferrolterra na clausura da xornada Pacto pola formación, Pacto polo emprego. Pacto por Ferrol

27/03/2023 | 15:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa o emprendemento innovador en Lugo a través de ViaGalicia

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe no Startup Day desta aceleradora, no que representantes dos 24 proxectos preseleccionados para a sede lucense demostraron as súas habilidades e competencias para pasar á fase de Academia

27/03/2023 | 13:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana anuncia que o Carballiño será sede do Polo de Emprendemento e apoio ao emprego Miño Central que prestará servizo a 48 concellos de cinco comarcas

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, sinalou que é o sexto da Rede que puxo en marcha a Xunta o pasado ano para acompañar ás persoas emprendedoras en cada unha das etapas dos proxectos empresariais