Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.613 novas:

11/06/2024 | 11:36 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde e Roche Farma colaboran na realización de proxectos no eido da medicina personalizada para mellorar a atención sanitaria

Para a materialización destes proxectos e actividades asinaranse acordos específicos nos que se recollerá o plan de traballo, os aspectos técnicos, os destinatarios e a súa vixencia e temporalidade

11/06/2024 | 11:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A delegación da Xunta en Vigo incorpora 16 novos funcionarios en Política Social, Emprego, Mar e Sanidade

A delegada territorial, Ana Ortiz, deu este martes a benvida aos traballadores dos grupos C1 e C2 que reforzan a estrutura do Goberno galego na cidade

11/06/2024 | 11:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O prazo para optar ao financiamento para os Programas Integrados de Emprego ábrese mañá

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria para os anos 2024 e 2025, coa previsión de que se beneficien unhas 4.600 persoas a través de entidades locais e organizacións sen ánimo de lucro

11/06/2024 | 11:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O 85,5 % do alumnado afirma non ter recibido nunca ou case nunca ameazas ou intimidación a través da rede

Tras avanzar onte os primeiros resultados no Consello da Xunta, o conselleiro de Educación dá conta no Consello Galego para a Convivencia Escolar da IV Enquisa de convivencia escolar e hábitos sociais

10/06/2024 | 20:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez aplaude o “sacrificio, dedicación e motivación” do alumnado da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP participa na graduación dun total de 276 estudantes de sete graos e tres másteres desta escola

10/06/2024 | 19:31 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O director xeral de Cultura pon en valor o traballo de escrita de guións como xermolo dos éxitos do audiovisual galego

Anxo M. Lorenzo dá a benvida na Cidade da Cultura aos máis de 50 guionistas e representantes de produtoras e televisións dunha ducia de países que participan na segunda edición do programa European Writers Club

10/06/2024 | 19:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta condena o acontecido no partido de ascenso á Primeira Galicia entre o Racing Vilalbés B e o C.D. San Ciprián e convoca de urxencia á Comisión Galega de Control da Violencia

A décimo terceira xuntanza da Comisión Galega de Control da Violencia terá lugar mañá día 11 de xuño ás 12,00 horas co único punto do día dos feitos acaecidos no campo da Fonte, en Cospeito

10/06/2024 | 19:00 | C. do Mar; Axencia de Turismo de Galicia

Alfonso Villares destaca os peixes e mariscos galegos como elementos diferenciais e de excelencia da despensa galega

O titular de Mar pon en valor esta iniciativa solidaria que este ano é en beneficio da Asociación Galega Síndrome Fráxil e que reúne a de chefs de renome nacional e internacional

10/06/2024 | 18:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Comezan as xornadas formativas gratuítas sobre o ‘Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes fronte a violencia no deporte’

O secretario xeral para o Deporte destaca a importancia de “erradicar calquera tipo de violencia” na primeira xornada na que participaron unhas 80 persoas co obxectivo de formarse como delegados das súas entidades para a protección dos nenos, nenas e adolescentes