Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 123 novas da área temática Xustiza:

08/08/2023 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A policía autonómica e gardacostas comisan 59 quilos de ameixa en Ferrol

É o resultado dun operativo contra o furtivismo na zona da Graña o pasado 3 de agosto

03/08/2023 | 17:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica comisa 15 quilos de percebes e unha embarcación no litoral da cidade da Coruña

Os axentes xunto ao Servizo de Gardacostas de Galicia e coa colaboración da confraría de pescadores da Coruña, realizaron un operativo contra o furtivismo na zona o pasado xullo

28/07/2023 | 15:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta iniciará en agosto as obras de mellora previstas na Cidade da Xustiza de Vigo

Así o acordaron o director xeral de Xustiza e o xuíz decano de Vigo nunha xuntanza mantida hoxe

06/07/2023 | 10:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Academia Galega de Seguridade Pública reúne expertos xuristas e economistas de distintos países para abordar a prevención e represión do branqueo de diñeiro

Os directores xerais de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e de Xustiza, José Tronchoni, abriron a novena edición do congreso, centrada no mundo dixital e nas reformas de 2021

04/07/2023 | 20:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende unha xustiza do século XXI moderna, accesible e eficaz

O vicepresidente primeiro da Xunta participou hoxe na inauguración da XV Escola de Verán do Poder Xudicial, que destacou como cita consolidada no panorama xurídico nacional e punto de encontro en Galicia na formación de membros da carreira xudicial de toda España

21/06/2023 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica levanta tres actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores realizado no festival O Son do Camiño

O levantamento foi a postos ambulantes localizados nas proximidades do evento que carecían de cartel informativo da prohibición de venda e subministración de alcohol a menores, así como de licenza municipal de actividade

16/06/2023 | 09:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A policía autonómica esclarece dous incendios forestais nos concellos coruñeses de Rois e Dodro

O lume en Rois afectou 400 metros de terreo e debeuse a unha neglixencia na realización dunha queima

12/06/2023 | 21:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo pon en valor o papel das audiencias provinciais como garantía de seguridade xurídica

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo participou nun encontro no marco das XXI Xornadas de Presidentes e Presidentas de Audiencias Provinciais de España, que este ano se celebran en Galicia

12/06/2023 | 10:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Agasp aborda hoxe nunha xornada a Lei de protección integral da liberdade sexual

Máis de 200 persoas asisten á sesión, na que interveñen a maxistrada Belén Rubido e a fiscal María Rey