Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 170 novas da área temática Territorio:

30/08/2023 | 13:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a encomenda a TRAGSA da demolición dun azud no río Landro, en Ourol

Os traballos, cun investimento de preto de 65.000€, consistirán na retirada dunha represa que inicialmente estaba asociada a un muíño fariñeiro, agora en desuso

29/08/2023 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras dunha nova senda peonil na estrada OU-301 en Bande

A actuación, cun investimento de preto de 48.300 €, consiste na construción de dous tramos de senda na marxe esquerda da OU-301, que darán continuidade ás beirarrúas actuais e facilitarán a conexión coa capitalidade de Bande

10/08/2023 | 12:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede 20.000 euros ao concello do Vicedo para a mellora exterior dun inmoble municipal destinado a usos sociais

Este financiamento outórgase ao abeiro da orde de axudas do Goberno galego para a corrección de impactos paisaxísticos

09/08/2023 | 14:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de saneamento do río Lameira de Marín, que contribuirán á mellora da calidade das augas da ría de Pontevedra e suporán un investimento de 3,3 millóns de euros

A intervención está a comezar por traballos de roza, a retirada de residuos ou movementos de terras, co fin de acondicionar o terreo para poder executar as obras

07/08/2023 | 14:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina 315.000 euros á humanización dunha nova rúa en Arbo para liberar o tráfico do centro urbano do concello

Estas obras acométense ao abeiro plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais

21/07/2023 | 11:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta cede ao concello de Cospeito unha parcela, viais e equipamentos no parque empresarial de Muimenta

Ángeles Vázquez explica que a superficie cedida abrangue 15.752 metros cadrados

11/07/2023 | 12:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta cede ao concello de Lugo os espazos públicos da terceira fase do Polígono das Gándaras, que xa ten case o 65% das parcelas vendidas ou reservadas

A semana pasada Xestur adxudicou neste mesmo ámbito 4 parcelas a 3 empresas por un importe total de 234.900 €, descontada xa a bonificación do 50%

30/06/2023 | 11:19 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu compromiso co desenvolvemento rural sostible e económico durante a xornada "Down to Earth"

José González destacou o labor da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural que impulsa o crecemento do agro galego e fai que sexa un referente en Europa

27/06/2023 | 15:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Autorizada a venda de sete parcelas nos polígonos industriais de Cee, Vimianzo, Catoira e Vilanova de Arousa por preto de 1,25 millóns de euros

Tamén se aprobou a concesión en dereito de superficie con opción de compra de 4 parcelas no parque empresarial de Vimianzo

26/06/2023 | 17:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza no desenvolvemento do proxecto GIFT de cara a establecer medidas e políticas sectoriais efectivas no eido da infraestrutura verde

No proxecto, impulsado no marco do programa Interreg Europe-FEDER, ademais do Goberno galego, participan outras 9 entidades de países e rexións da Unión Europea