Actualidade
Buscador de novas
A Xunta lanza a primeira plataforma para poñer toda a capacidade científica e tecnolóxica galega ao servizo das pemes
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou na presentación de InnovaRede, que persegue impulsar a colaboración entre os distintos axentes de demanda e oferta tecnolóxica dunha forma áxil, directa e aberta
Rueda destaca o compromiso do Goberno galego na transformación dixital de Galicia para mellorar a rendibilidade das empresas e a vida das persoas
Salienta que a futura Lei de intelixencia artificial será a primeira dunha rexión europea
Rueda garante apoio e facilidades da Xunta no desenvolvemento de proxectos innovadores en Galicia para consolidala como referente en I+D+i
Defende o papel da colaboración pública-privada, na que Administración “non debe estorbar”, senón crear un “clima favorable” para que empresas tecnolóxicas se instalen e medren en Galicia “e se proxecten cara ao resto do mundo”
A Xunta aposta por mobilizar de forma coordinada todos os recursos científicos e de I+D+i presentes en Galicia en favor do seu sector marítimo-pesqueiro
Alfonso Villares aborda o Programa de Ciencias Mariñas financiado polos fondos Next Generation, con 6 millóns do Plan de Resiliencia e 4 máis do Femp e Fempa pola Xunta
O persoal investigador da administración galega contará a principios de 2024 cun novo marco lexislativo que mellorará as súas condicións laborais
Rueda destaca que Galicia se converterá na primeira Comunidade de España en regular a carreira profesional de todo o persoal de investigación que depende da Xunta dándolle “certeza” e “estabilidade”
O Polo Aeroespacial de Galicia exhibe en Sedexpo as capacidades dos vehículos non tripulados no eido das emerxencias
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou a Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias que se celebra en Silleda e que conta co apoio da Xunta de Galicia
A Xunta presenta os avances para a xestión sostible da mexilla no litoral galego acadados da man da ciencia
A iniciativa Apromex abrangue do análise da poboación de cría do mexillón nas rochas á posta en marcha de novos sistemas para avaliar a captación no medio natural e tamén a súa produción complementaria a través de criadeiros
A Xunta avanza en Narón a nova convocatoria do Bono Enerxía Peme que abrirá o prazo de solicitudes o vindeiro 10 de xaneiro
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o establecemento Australian, beneficiario do programa
Comesaña destaca o labor fundamental das fundacións de investigación na conexión entre a atención sanitaria e o ecosistema I+D+i
O conselleiro de Sanidade pon en valor a excelencia na innovación e na investigación científica e médica, na entrega dos premios Rafael Hervada 2023, celebrada na Coruña
Rueda destaca que Galicia se sitúa como referente no uso de drons para servizos máis comerciais e masivos coa apertura dun centro de probas pioneiro en Europa
“Estamos a nada de poder ver esa circulación de dróns con normalidade, prestando servizos con enorme utilización, aceptación e rendibilidade”, salienta sobre a importancia deste campo de probas de vehículos aéreos non tripulados máis completo do continente