Actualidade
Buscador de novas
Controlado o incendio forestal do concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Angudes
Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 170 ha
Estabilizado o incendio forestal en Crecente (Pontevedra)
Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 170 ha
Incorpórase hoxe o persoal laboral contra incendios da Xunta, que traballará xa este ano durante 7 meses, mellorando a súa estabilidade e incidindo na prevención
A medida beneficia case un milleiro de traballadores, que viñan traballando 6 meses ao ano e que a partir de agora, de xeito gradual, irán incrementando os seus contratos ata os 9 meses, no horizonte de 2026
O incendio forestal en Crecente (Pontevedra) evoluciona favorablemente cara a súa estabilización
Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 50 hectáreas
A Xunta fomentará o uso de gando extensivo nos montes coma ferramenta para previr os incendios forestais
Rueda destaca que unha das principais novidades do Plan de prevención deste ano é un proxecto piloto con rabaños públicos no Xurés que se completa cunha liña de achegas para impulsar este sistema entre os gandeiros
A Xunta prohibe dende mañá as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso
Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir de mañá luns, 15 de abril
O DOG publica a convocatoria de axudas para fomentar a utilización de madeira na construción de vivendas unifamiliares e edificacións en altura, dotada con 5 M€
Estas achegas teñen como fin contribuír á loita contra o cambio climático e fomentar a prevención e xestión forestal sustentable e activa do territorio galego
A Xunta completa traballos preventivos en 40 hectáreas do distrito forestal III Santiago-Meseta interior para potenciar a defensa contra os lumes
As actuacións, levadas a cabo no primeiro trimestre de ano polo persoal do distrito, consistiron na roza mecanizada de 30 hectáreas de áreas cortalumes e faixas auxiliares de pistas e as 10 restantes correspóndense con roza manual
A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello ourensán de Castrelo de Miño
O lume afectou 0,33 hectáreas e produciuse polo escape dunha queima realizada sen as medidas de seguridade precisas