Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 192 novas da área temática Enerxía:

03/11/2023 | 15:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto da acometida eléctrica para a nova depuradora da parroquia de Roimil, no concello de Friol

O contrato, adxudicado por máis de 15.000 euros e un prazo de 3 meses definirá as actuacións que completan os traballos en execución de mellora do sistema de saneamento municipal en distintos núcleos

03/11/2023 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica a encomenda para a mellora da eficiencia enerxética da sede da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en Santiago

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitará antes de finalizar o ano esta obra, co obxectivo de iniciala no vindeiro 2024

03/11/2023 | 13:16 | C. de Economía e Industria

O orzamento da Xunta en materia enerxética sobe un 12,5 % e incluirá axudas para proxectos de produción de hidróxeno renovable así como biogás e biometano

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, estivo esta mañá en Vigo na apertura do Foro Biogás e Biometano en Galicia, organizado polo Clúster das Enerxías Renovables de Galicia

25/10/2023 | 12:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta considera necesario traballar na descarbonización do transporte marítimo

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, estivo esta mañá na Coruña na apertura do ‘Foro Riazor: Global Maritime Sustainability’

19/10/2023 | 15:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a posición única de Galicia para converter a descarbonización nunha oportunidade

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, participou hoxe na inauguración da xornada Plan europeo para a industria: descarbonización e aforro enerxético, organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia

19/10/2023 | 14:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola xestión da cadea de valor eólica e por centrar os esforzos no eido local

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, estivo esta mañá en Santiago de Compostela na apertura da ‘X Xornada da Enerxía Eólica en Galicia’, organizada por Cluergal

13/10/2023 | 14:18 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor o compromiso de Norvento coa transición enerxética en Galicia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo unha xuntanza con representantes da compañía, con quen abordou os proxectos que está a levar a cabo en Galicia

11/10/2023 | 18:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta prevé esgotar os fondos das convocatorias deste ano das axudas para mellorar a eficiencia enerxética en vivendas e edificios residenciais

O prazo de presentación de solicitudes pechouse o pasado 2 de outubro e o IGVS rexistrou demanda para rehabilitar preto de 17.000 vivendas

06/10/2023 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por unha transformación integral da minería a través da busca de novas solucións innovadoras

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron esta mañá en Santiago de Compostela na xornada de presentación da Consulta Preliminar ao Mercado do proxecto SmartminTech