Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

20/05/2023 | 10:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 32,5 M€ as obras da 1ª fase da futura Cidade de San Caetano, na contorna da antiga estación de autobuses de Santiago

Nesta 1ª fase executaranse os dous primeiros módulos do edificio, de máis de 12.000 m², configurado mediante un esquema en espiña de peixe cun vestíbulo xeral que unirá os distintos usos e niveis, dando acceso os dous bloques, e cun patio interior con arborado

19/05/2023 | 15:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanzará a vindeira semana en actuacións de limpeza e acondicionamento nas marxes de 4 estradas autonómicas

Na provincia de Lugo continuará cos traballos na LU-152, nos concellos do Valadouro e de Foz; e na vía de altas prestacións que une Monforte de Lemos co Alto do Faro (CG-2.1)

19/05/2023 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do saneamento de Ver e de Boebre, no concello de Pontedeume, que supoñen un investimento de máis de 955.000 €

Os traballos están a comezarse pola execución da gabia da tubaxe de impulsión do bombeo da praia de Ver

18/05/2023 | 11:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para executar a mellora hidráulica no Río Anllóns e reducir o risco de inundacións ao paso pola Cepeira, en Carballo

A actuación, licitada por máis de 1,2 M€, céntrase na mellora hidráulica do río na contorna do enlace entre a autoestrada AG-55 e a estrada AC-552, na zona de Sísamo

18/05/2023 | 11:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais cara a ría na Parroquia de Baredo, en Baiona

Técnicos do Programa de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizaron o foco no marco dunha inspección rutineira
 

17/05/2023 | 12:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para a mellora da intersección e de reordenación dos accesos da estrada OU-540 na Manchica, no concello da Merca

O contrato, adxudicado por máis de 18.000 euros, definirá as actuacións necesarias para a mellora da seguridade viaria nesta vía autonómica ao seu paso polo municipio

16/05/2023 | 15:30 | C. do Mar

A Xunta insta ao Concello de Betanzos a asumir a súa obriga e corrixir as deficiencias do paseo do porto

O Executivo galego remitiu a principios deste mes un escrito á Administración local requirindo que adopte medidas para facer fronte ao deterioro existente na zona dando cumprimento ao convenio de mantemento asinado entre ambas entidades

16/05/2023 | 14:31 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Monterrei estudan a implantación dun polígono agroforestal de preto de 56 hectáreas na Madanela

O polígono que se proxecta implementar implicaría 496 parcelas de 241 titulares, xerando actividade económica que contribuiría -á súa vez- á anticipación aos incendios

16/05/2023 | 14:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras para a preinstalación de alumeado público na avenida Barreais do Concello da Rúa

Esta intervención de mellora da seguridade viaria supón un investimento de case 50.000 €

16/05/2023 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas