Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

23/05/2023 | 14:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de reforzo de firme en 3 estradas autonómicas ao seu paso polos concellos de Arzúa, Boqueixón, Lousame e Touro, que suporá un investimento de máis de 1 M€

Os traballos comezaron pola AC-308 en Lousame, facendo necesario o corte do tráfico en días laborables ata o xoves día 8 de xuño

23/05/2023 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto da humanización da travesía de Palmeira, en Ribeira, que prevé un investimento de máis de 2,8 M€

O obxectivo é converter nunha rúa o treito da AC-305 que discorre por Palmeira, integrando espazos e recuperando o carácter humano

23/05/2023 | 12:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 9 ofertas para o acondicionamento do firme de 5 estradas das comarcas de Ferrolterra e de Betanzos, que suporá un investimento de máis de 1,33 M€

Trátase de actuar na mellora localizada do firme nas estradas autonómicas AC-102, AC-116, AC-122, AC-133 e AC-160 nos concellos de Cerdido, Cedeira, Narón, Valdoviño, Cabanas, Fene, Mugardos, Miño e Vilarmaior

23/05/2023 | 11:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Santa Comba colaboran na mellora da accesibilidade e mobilidade peonil entre o polígono empresarial e a avenida de Santiago

Habilitarase como senda peonil un treito da cuneta da AC-406 de case 700 metros de lonxitude, entre o acceso viario ao parque empresarial e a entrada ás fincas da marxe dereita da estrada

23/05/2023 | 11:09 | C. de Sanidade; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica a encomenda do Sergas á Axencia Galega de Infraestruturas para a redacción do proxecto de construción do novo centro de saúde de Noia

O convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Noia permitirá erguer un novo centro sanitario que superará en máis do dobre a superficie do inmoble actual, pasando dos 1.780 metros cadrados, aos máis de 4.200 m2 cos que contará a nova infraestrutura

23/05/2023 | 10:48 | C. de Sanidade

A Xunta encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a redacción do proxecto das obras de ampliación e reforma do centro de saúde de Baltar

Con esta actuación, o inmoble actual medrará nun andar, e permitirá incorporar cinco novos espazos á infraestrutura sanitaria, en concreto: unha consulta de enfermaría, unha de traballo social, un despacho docente, unha sala de técnicas, e unha sala de usos múltiples

22/05/2023 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta fixa como obxectivo completar este ano a reconstrución do treito sobre o río da ponte de Ponte Arnelas cunha intervención que mudará a súa fisionomía

Acometerase unha reconstrución parcial, na parte central, eliminado o arco e os tirantes e gañando en integración

22/05/2023 | 13:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
22/05/2023 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 576.000 € as obras para dotar de abastecemento de auga potable distintos núcleos de Pantón

As actuacións, cun prazo de execución de 6 meses, habilitarán este servizo para 26 núcleos das parroquias de Santiago de Castillón, San Vicente de Castillón e Santo Estevo do Mato, que actualmente se abastecen de auga a través de pozos

22/05/2023 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de estendido do firme na estrada LU-231 en Friol, que farán necesario o desvío de tráfico desde hoxe

Nos vindeiros días executaranse os traballos de aglomerado entre os puntos quilométricos 5+850 e 9+400 a ancho completo con dúas máquinas estendedoras