Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

14/04/2023 | 14:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Ribeira o proxecto ‘Un mar de amigos’ que co apoio da rede galega ‘Eusumo’ nace para promover o emprego e o turismo inclusivos

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou na lonxa de Ribeira na presentación do programa promovido pola fundación Fundamar e a asociación Amicos

14/04/2023 | 14:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta organiza no Grove unha sesión dos Venres dos Polos para poñer en valor o talento emprendedor da mocidade galega

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na apertura desta xornada organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego Pontevedra Norte e Rías Baixas

14/04/2023 | 13:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana enxalza o potencial emprendedor da mocidade galega e a convida a aproveitar o dinamismo do cooperativismo para abrir negocios en Galicia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na apertura dunha xornada sobre emprendemento na economía social en Ordes (A Coruña) que tivo como protagonistas a escolares de ESO desta comarca

12/04/2023 | 17:57 | C. de Sanidade

A Xunta mantén a súa disposición a continuar mellorando co máximo consenso as condicións laborais dos profesionais do Servizo Galego de Saúde

O conselleiro de Sanidade avanzou que se someterán a negociación sindical a mellora das retribucións das gardas, a regulación das libranzas, a consideración dos días 24 e 31 de decembro como día especial ou as condicións laborais dos residentes en formación

12/04/2023 | 13:59 | C. de Facenda e Administración Pública
12/04/2023 | 13:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a formación en soldadura que ofrece a 30 persoas no estaleiro Nodosa de Marín como camiño á súa inserción laboral

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, visitou o alumnado que remata este semestre a súa formación nas instalacións da empresa

11/04/2023 | 14:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade

Dez persoas con discapacidade completan a súa formación dual como auxiliares de comercio na tenda Juan María by Lolola grazas ao apoio da Xunta

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, e o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitaron o establecemento de Vigo onde subliñou o acceso ao emprego como “elemento decisivo” na participación activa de persoas con discapacidade na sociedade

11/04/2023 | 12:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca no Pereiro de Aguiar a colaboración cos concellos no impulso dos centros de información á muller e no apoio ás vítimas da violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á xuntanza da mesa de coordinación contra a violencia de xénero do concello ourensá na que se debateron novas actuacións para loitar contra a violencia de xénero desde o eido local

09/04/2023 | 10:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra a Semana do emprendemento cunha programación na rede de polos para dar a coñecer o labor de asesoramento personalizado destas oficinas

As actividades levaranse a cabo en cinco dos oito polos que están na actualidade operativos: Lugo Sur, Arco Ártabro e Rías Altas, Costa da Morte, Pontevedra Norte e Rías Baixas e Ourense Centro e Sur

05/04/2023 | 10:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Xunta, clústeres e entidades profesionais de nove sectores económicos colaboran este ano para formar a persoas desempregadas e ocupadas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) informa hoxe sobre a sinatura este ano de convenios de colaboración para o desenvolvemento de plans formativos nos ámbitos do naval, automoción, metalmecánico, enerxías renovables, TIC, construción, comercio, hidróxeno e minaría