Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

26/05/2023 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para xuño e setembro os propietarios dos terreos necesarios para executar a 2ª fase de humanización da avenida de Galicia en Teis, en Vigo

Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, o levantamento de actas previas fíxase o 27, 28 e 29 de xuño e a formalización das actas de ocupación o 26, 27, e 28 de setembro

26/05/2023 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a convocatoria dos actos expropiatorios dos terreos que foron necesarios na execución das obras de emerxencia de estabilización de noiros na AC-566, en Valdoviño

Trátase das intervencións tramitadas de emerxencia para a reparación dos danos ocasionados polo temporal de primeiros de xaneiro de 2023 nas estradas autonómicas, que están xa rematadas, e que supuxeron un investimento de máis de 230.000 euros

26/05/2023 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica a convocatoria dos actos expropiatorios dos terreos necesarios para executar a senda peonil na contorna do enlace da autovía do Salnés coa PO-504, en Sanxenxo

Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia o levantamento de actas previas terá lugar o 20 de xuño e a formalización das actas de ocupación o 19 de setembro na Casa do Concello

26/05/2023 | 10:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o inicio da información pública do proxecto de interese autonómico do "Novo CHUAC"

Trátase do instrumento de ordenación urbanística do solo necesario para a construción do novo hospital público da Coruña, incluíndo as obras de urbanización e edificación, os accesos desde as vías de alta capacidade e o novo edificio hospitalario nas Xubias, ademais do espazo previsto para a reubicación de vivendas afectadas

25/05/2023 | 13:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras que culminarán a humanización da travesía da OU-154 no Reino, en Piñor, cun investimento de preto de 300.000 €

Os traballos desenvólvense en dous treitos da OU-154 que suman unha lonxitude de 500 metros, realizando unha rehabilitación completa do firme da calzada

25/05/2023 | 12:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na estación depuradora de augas residuais de Tomiño

Esta actuación, adxudicada por preto de 45.000 €, comprende a redacción do proxecto, dirección de obra e unha instalación fotovoltaica de 45 kWp para autoconsumo

25/05/2023 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as actuacións de mellora da depuradora de Ponte Chaín, no concello de Portas

Augas de Galicia procedeu á entrega destas intervencións á administración local

24/05/2023 | 14:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Lousame colaboran para dotar de saneamento e depuración cinco núcleos do municipio mediante un investimento 1,1 M€

O obxectivo é garantir un servizo axeitado á poboación dos núcleos de Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns, A Costa e a parte do núcleo de Croído
 

24/05/2023 | 11:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 4 ofertas para executar a mellora do firme en 5 estradas da provincia de Ourense ao seu paso por 17 concellos, que suporá un investimento de máis de 3,6 M€

Intervirase nunha lonxitude de máis de 120 km de vías autonómicas con actuacións puntuais nas estradas OU-193 e OU-801 en Cortegada, na OU-536 ao seu paso por Xunqueira de Espadanedo e demais concellos da traza, na OU-412 e na OU-101

24/05/2023 | 11:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para executar a remodelación da ponte na rúa Fomento de Carballo para reducir o risco de inundación no río Anllóns

Esta actuación, licitada por case 2 M€, permitirá intervir na zona da ponte, onde o estreitamento do leito do río e a súa escasa capacidade de desaugue fai que sexa unha das zonas más inundables no casco urbano en época de enchente