Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

20/04/2023 | 13:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta tende a man ao tecido industrial para enfrontar a súa transformación e priorizar o emprego

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou nunha xornada sobre reindustrialización en Ferrol onde avogou por reducir ao mínimo os EREs industriais e brindar apoio ao sector para superar a transición dixital e verde co menor impacto no emprego

20/04/2023 | 12:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca no ‘Startup Congress Galicia’ a súa aposta polo emprendemento e o talento innovador a través das súas redes de polos e de aceleradoras

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou na inauguración en Vigo da xornada, onde lembrou que Galicia completará o despregamento da súa rede de polos de emprendemento en 2023 para dar cobertura ao 100% do territorio

19/04/2023 | 17:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avoga pola racionalización e bo uso dos tempos de traballo para avanzar no benestar laboral

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou nunhas xornadas en Mos sobre igualdade laboral, nas que defendeu a presenza das mulleres en sectores masculinizados a partires da educación desde idades temperás

19/04/2023 | 14:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inicia hoxe en Barbadás os cursos de formación interna para evitar a sinistralidade en traballos en altura nos que se empregan as escadas

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) celebra dúas edicións para 40 persoas dunha formación coa que quere impulsar a protección persoal e colectiva e a seguridade nos traballos temporais con escada
 

18/04/2023 | 13:51 | C. de Política Social e Igualdade

Lorenzana mantén un encontro co Clúster Tic para avaliar a súa colaboración na cualificación en competencias dixitais das persoas traballadoras

Promoción do Emprego e Igualdade declarou prioritario o sector das tecnoloxías da información e da comunicación cara á cualificación da poboación traballadora

17/04/2023 | 20:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana avoga na Coruña por reforzar as políticas de igualdade laboral para avanzar na incorporación, permanencia e progreso das mulleres ao emprego

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, impartiu hoxe unha clase maxistral sobre políticas sociolaborais na Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais - Erlac

17/04/2023 | 19:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pecha en Verín a semana do emprendemento cunha actividade de intercambio de experiencias no polo Ourense Centro e Sur

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participaron hoxe na xornada Speed dating

16/04/2023 | 10:30 | C. de Sanidade
16/04/2023 | 10:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta formará a 50 persoas para exercer de guías especializados no Parque Nacional das Illas Atlánticas

O curso, que comeza a impartirse mañá e se prolongará ata o vindeiro mes de outubro, permitirá que diferentes perfís profesionais consigan a acreditación necesaria para poder dar a coñecer os principais valores deste espazo natural entre os seus visitantes

15/04/2023 | 12:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta actualiza os contidos da plataforma pro RSE coa que se facilita ao tecido empresarial a súa transformación sustentable

A través da ferramenta Xunta Pro RSE, as empresas dispoñen de axuda para a posta en valor das súas iniciativas de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) e sustentabilidade e para avaliar a súa situación neste ámbito