Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

17/01/2023 | 13:03 | C. do Medio Rural

A Xunta valora a adhesión de Cantabria á aplicación Contaláctea de cálculo de custos de produción que permite mellorar a negociación dos prezos do leite

A adscrición de Cantabria a esta ferramenta informática plasmouse nun convenio de colaboración asinado coa Xunta, que ten como obxectivo facilitar que os gandeiros cántabros poidan beneficiarse tamén das súas múltiples vantaxes

16/01/2023 | 19:17 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor en Coristanco a IXP Pataca de Galicia, que no 2021 comercializou máis de 6.000 toneladas e obtivo un valor económico superior aos 3 M€

José Balseiros participou neste encontro, que rematará mañá e que ten como fin reflexionar sobre as técnicas de cultivo da pataca a través do intercambio e transferencia de coñecementos

16/01/2023 | 12:50 | C. do Medio Rural

O Consello Agrario Galego avaliará distintas propostas de cara a garantir máis fondos para a agricultura ecolóxica na PAC do período 2023-2027

Os representantes do sector agrogandeiro galego disporán desta semana e da que vén para presentar propostas con esta finalidade

15/01/2023 | 10:45 | C. do Medio Rural

A Xunta decretou un total de seis novas concentracións parcelarias na provincia de Pontevedra nos dous últimos anos

Entre 2021 e 2022 decretáronse en Galicia un total de 27 novas zonas, todas elas declaradas desde a entrada en vigor da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia

15/01/2023 | 10:40 | C. do Medio Rural

A Xunta decretou un total de catro novas concentracións parcelarias na provincia de Ourense nos dous últimos anos

Entre 2021 e 2022 decretáronse en Galicia un total de 27 novas zonas, todas elas declaradas desde a entrada en vigor da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia

15/01/2023 | 10:35 | C. do Medio Rural

A Xunta decretou un total de 10 novas concentracións parcelarias na provincia de Lugo nos dous últimos anos


Entre 2021 e 2022 decretáronse en Galicia un total de 27 novas zonas, todas elas declaradas desde a entrada en vigor da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia

15/01/2023 | 10:30 | C. do Medio Rural

A Xunta decretou un total de sete novas concentracións parcelarias na provincia da Coruña nos últimos anos

Entre 2021 e principios de 2023 decretáronse en Galicia un total de 27 novas zonas, todas elas declaradas desde a entrada en vigor da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia

14/01/2023 | 11:15 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará en Fitur 2023 os produtos alimentarios galegos con indicativo de calidade

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural programou para esta feira de turismo diferentes actividades dentro do espazo institucional galego

13/01/2023 | 14:36 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor varios proxectos promovidos pola Asociación de Desenvolvemento Rural comarca de Ourense, nos que se investiron máis de 187.000 euros de axudas Leader

As iniciativas visitadas foron o proxecto Social Rural Truck, en Barbadás, a reforma da Casa da Fonte, en Ramirás, e a exposición 'O Lebre de Casarizas', na Peroxa

13/01/2023 | 12:10 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 180.000 euros no proxecto Terractiva para impulsar novas incorporacións ao agro apostando pola sustentabilidade

O proxecto está enmarcado na convocatoria do ano pasado de máis de 6 millóns de euros para financiar a innovación no rural, mediante iniciativas de grupos operativos