Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

25/04/2023 | 12:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O Polo de emprendemento Ourense Centro e Sur acollerá mañá unha xornada para identificar novas ideas de negocio con cinco empresas da contorna

Celebrarase unha sesión creativa con persoas emprendedoras para resolver retos concretos con firmas dos sectores agroalimentario, turístico, distribución e hostalería

25/04/2023 | 10:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inicia en Pontevedra unha programación de cursos de formación en prevención de riscos laborais no sector forestal

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán acollerá a partir de mañá unha acción formativa de carácter práctico centrada na gamificación, unha actuación que chegará a Mondoñedo a principios de maio
 

24/04/2023 | 18:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana reúnese coa Fundación Amigos de Galicia coa que colabora na cualificación de persoas desempregadas e na atención a mulleres vulnerables

Defendeu o reforzo da orientación laboral como clave para que colectivos prioritarios como mulleres, mozas e mozos e parados de longa duración melloren súas oportunidades

24/04/2023 | 13:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abre unha nova convocatoria para que concellos galegos desenvolvan obradoiros xuvenís aos que destinará 6,4 M€

O Diario Oficial de Galicia recolle a publicación destas axudas para a promoción de accións formativas dirixidas a mozas e mozos desempregados de ata 30 anos
 

23/04/2023 | 10:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta conmemorará o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo cunha semana de actos

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) organiza visitas escolares aos seus centros, xornadas técnicas e participa en foros de ámbito estatal

22/04/2023 | 10:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Unha vintena de mulleres desempregadas de longa duración da Coruña, Lugo, Baralla e Viveiro melloran co programa Entrena Empleo + a súa inserción laboral

A Xunta colabora coa Fundación Santa María la Real no desenvolvemento dunha nova edición desta iniciativa que rematará en xuño

21/04/2023 | 13:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana destaca en Pontevedra a importancia de apostar polo talento xuvenil e polo benestar laboral nas empresas para incrementar a calidade no traballo

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións de Saraiva Senior, beneficiaria das axudas Talento 30 de impulso á contratación e formación da mocidade galega

20/04/2023 | 15:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta en Boiro polas microformacións para incrementar a calidade do mercado laboral de Galicia

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, interveu hoxe no foro Estratexias en materia de formación e emprego no marco da I Feira de Emprego do Barbanza

20/04/2023 | 14:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Mallorca o programa de formación dual co que está a mellorar as oportunidades laborais das persoas con discapacidade

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou en Palma de Mallorca nunha xornada de intercambio organizada pola Fundación Amadip-Esment e a patronal da discapacidade FoQUA

20/04/2023 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta organiza un encontro formativo para educadores sociais e persoal dos equipos técnicos do menor

O obxectivo deste foro, que se realiza en colaboración co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, é crear rede entre os profesionais e mellorar as intervencións que se realizan desde o eido da atención á infancia