Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da área temática Educación:

29/03/2023 | 16:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Trenor anuncia un investimento de máis de 339.000 euros para a renovación da cuberta, as fiestras e a cuberta da marquesiña no IES Virxe do Mar de Noia

O delegado da Xunta asegurou que todas estas as actuacións teñen como obxectivo adaptar os centros educativos de toda a xeografía galega de acordo cos novos retos tecnolóxicos e ambientais facéndoos máis confortables, seguros e sostibles

29/03/2023 | 13:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O coñecemento dixital, a igualdade, a educación emocional e as competencias laborais, principais eixos do novo modelo de competencias profesionais docentes que impulsa a Xunta

Román Rodríguez salienta que se busca “achegar un maior valor engadido” ao modelo “de éxito” galego mediante profesorado formado na excelencia para afrontar as demandas sociais de futuro

28/03/2023 | 14:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta executa as obras de rehabilitación integral do CEIP Paradai de Lugo, ás que destina 932.000 euros

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, destaca que os traballos servirán para mellorar a eficiencia enerxética e as condicións xerais do centro

28/03/2023 | 13:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta completa a rehabilitación integral do instituto Pino Manso cun investimento de 1,2 M€

Román Rodríguez afirma que esta obra supón “elevar a 2,6 M€” o investimento realizado polo Goberno galego nos sete centros educativos de Porriño

28/03/2023 | 13:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O colexio Amadeo Rodríguez Barroso, de Ourense, inaugura unha nova biblioteca escolar máis ampla e mellor equipada

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa e o delegado territorial en Ourense participan na apertura deste espazo no que a Xunta acaba de investir 55.000 €

27/03/2023 | 20:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta avanza aos decanos das facultades de Ciencias da Educación o novo modelo de competencias profesionais docentes

Acórdase crear dous grupos de traballo para desenvolver as novas propostas e mellorar a calidade da formación docente desde a formación inicial na universidade

27/03/2023 | 14:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta avanza na dixitalización das aulas coa instalación de 9.000 paneis interactivos

A actuación enmárcase no Plan de Infraestruturas Dixitais Educativas que está a desenvolver o Goberno galego cun investimento de 134,6M€

26/03/2023 | 14:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as axudas Erasmus complementarias para estudantes de ensinanzas artísticas superiores

O obxectivo é seguir impulsando a mobilidade deste alumnado para enriquecer a súa formación

24/03/2023 | 20:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez gaba o compromiso da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, de Lugo, coa formación artística de calidade e a alta cualificación

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades participa na inauguración da exposición conmemorativa do 50 aniversario deste centro como referente destas ensinanzas