Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.009 novas da área temática Áreas temáticas:

26/06/2024 | 14:34 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reforza a Formación Profresional en ciberseguridade con oito novos másteres e 200 prazas máis para o vindeiro curso

Os cursos de especialización nesta materia pasan de 6 a 14, e impartiranse en centros das catro provincias

26/06/2024 | 14:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta traslada ao Concello de Viveiro a necesidade de pechar o acceso ao Souto da Retorta para realizar tarefas de mantemento e garantir a seguridade

Marisol Díaz subliña que durante o verán levaranse a cabo actuacións como a eliminación de exemplares enfermos non recuperables e a poda de outros, ademais do plantado de especies autóctonas

26/06/2024 | 14:21 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García e o artista británico James Rodhes trasladan o seu apoio ao programa ‘Tecendo Saúde Mental’ de Feafes

O Goberno galego incrementou este ano a súa aportación ao programa, que se centrará na atención a nais con diagnose en saúde mental, ata os preto de 130.000 euros

26/06/2024 | 14:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta lanza un concurso para apoiar os concellos de menos de 20.000 habitantes que queiran dixitalizar as súas redes de abastecemento e optimizar o uso da auga

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria deste procedemento, que conta cun orzamento de preto de 5,8 M€ e está dirixido a municipios interesados no desenvolvemento, implantación e posta en marcha dunha rede autonómica de estacións dixitais de seguimento continuo dos seus sistemas de abastecemento

26/06/2024 | 14:18 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca a dixitalización e a suma de talento como elementos clave para afrontar os retos futuros do naval galego

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participou na clausura da Xornada de Ciberseguridade no Sector Naval

26/06/2024 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa a través da Axega nun simulacro dos equipos de busca e rescate en Ferrol

O director xeral de Emerxencias e Interior, a delegada territorial do Goberno galego en Ferrol e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias asistiron ao exercicio organizado pola asociación Briegal, Casaga e os bombeiros do concello ferrolán

26/06/2024 | 14:14 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses recorda que o carné de alberguista pon a disposición da mocidade máis de 4.000 instalacións

Nos vindeiros días as persoas que teñan activado o Carné Xove poden solicitar de maneira gratuíta este documento con validez en máis de 90 países

26/06/2024 | 14:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Finaliza con éxito a proba de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas

A proba comezou na xornada de onte ás 9,00 horas en Belesar e repetiuse en distintas presas ata as 13,00 horas de hoxe

26/06/2024 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o aumento das persoas usuarias do Plan de transporte público de Galicia con case 3,7 M de viaxes o pasado abril

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, abordou no pleno do Parlamento os avances neste plan con tarifas únicas e bonificadas como a Tarxeta Xente Nova ou a TMG+65, que rexistraron entre xaneiro e abril 2,5 M e 1 M de viaxes financiadas respectivamente