Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da área temática Educación:

04/04/2023 | 13:56 | C. de Política Social e Igualdade

Mañá mércores remata o período para solicitar praza nas escolas infantís da Xunta de Galicia

Ofértanse 10.500 prazas de 0 a 3 anos para o vindeiro curso 2023-2024

04/04/2023 | 11:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os servizos de autobús dos institutos de Xinzo de Limia verán reducidos a partir do 11 de abril os tempos nas rutas máis longas

Mellórase a coordinación das chegadas e saídas para reducir os tempos de espera dos escolares de 15 das 16 liñas integradas do IES Lagoa de Antela e do IES Cidade de Antioquía

03/04/2023 | 13:08 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aposta por impulsar a implantación de graos duais nas universidades que combinen formación e un contrato laboral regrado

Rueda indica que o obxectivo é reproducir o modelo de éxito da FP dual, que acada taxas de inserción laboral de case o cen por cen

02/04/2023 | 10:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
31/03/2023 | 18:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
30/03/2023 | 16:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A directora xeral de Innovación Educativa da Xunta destaca o dinamismo do CEIP Plurilingüe da Laxe (Marín), que se suma aos Polos Creativos

Salienta as posibilidades que estes espazos supoñen para que o alumnado desenvolva as súas competencias STEM

30/03/2023 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Trenor anuncia un investimento de máis de 590.000 euros para a renovación das fiestras e do aislamento no edificio de infantil e na parte nova do principal no CPI Cernadas de Castro en Lousame

O delegado da Xunta asegurou que todas estas actuacións teñen como obxectivo adaptar os centros educativos de toda a xeografía galega de acordo cos novos re-tos tecnolóxicos e ambientais facéndoos máis confortables, seguros e sostibles

30/03/2023 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destinará 50.000 euros a mellorar as instalacións da escola infantil Pontiñas de Lalín

Substituirase a cuberta principal, os canos e dotarase de novas baixantes exteriores para evitar posibles filtracións de auga

30/03/2023 | 12:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Casio presentan a nova calculadora científica que inclúe por primeira vez a configuración en lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística participa no acto para dar a coñecer o modelo da calculadora ClassWiz en galego co gallo do seu décimo aniversario

Valentín García destaca “a importancia que supón a incorporación da lingua galega ás tecnoloxías, implicando neste caso á comunidade científica”

29/03/2023 | 19:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Fundación Otero Pedrayo entregan os galardóns da II edición do seu certame para estudantes de ESO e Bacharelato

Na categoría individual foron para os institutos IES As Barxas de Moaña e o IES Castelao de Vigo polos traballos de Patricia Fernández e Alexandre Faria