Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

25/01/2023 | 15:08 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 1,4 M€ a un total de 11 iniciativas para abordar proxectos piloto ou desenvolver novos produtos nos ámbitos agrario ou forestal

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os beneficiarios destas achegas convocadas pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, que depende da Consellería do Medio Rural

25/01/2023 | 13:10 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a relevancia a nivel nacional de Galicia e de Bretaña na produción de pataca tanto en cantidade como en calidade

José González e José Balseiros visitaron esta mañá a cooperativa Bretagne Plants que reúne arredor de 270 produtores de pataca e máis de 6.700 hectáreas plantadas, cunha produción que supera as 180.000 toneladas

25/01/2023 | 10:29 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para compensar o sacrificio obrigatorio e as de reposición e lucro cesante por baleiros sanitarios nos programas oficiais de erradicación e control de enfermidades animais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as dúas ordes de axuda que convoca anualmente a Consellería do Medio Rural en relación cos programas de erradicación e control de enfermidades animais

24/01/2023 | 17:00 | C. do Medio Rural

Galicia e Bretaña comparten coñecementos e experiencias para mellorar o seu sector lácteo

A delegación galega de visita na Bretaña francesa, encabezada polo conselleiro do Medio Rural, coñeceu esta tarde unha explotación leiteira que salienta polo aproveitamento enerxético que realiza do metano xerado polas dexeccións gandeiras

23/01/2023 | 18:50 | C. do Medio Rural

A Xunta comparte cunha delegación do Goberno de Castela e León o seu labor a prol do rural

A estadía deste grupo castelán-leonés, encabezado polo director general de Patrimonio Natural y Política Forestal, céntrase en ámbitos como o desenvolvemento rural e o eido forestal, incluída a loita contra os lumes

23/01/2023 | 14:40 | C. do Medio Rural

Galicia e Bretaña intensificarán a súa colaboración para fomentar os intercambios e as estadías de agricultores e gandeiros en ambas rexións

Así o acordaron hoxe o conselleiro do Medio Rural e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias no seu encontro con autoridades bretoas

23/01/2023 | 14:35 | C. do Medio Rural

A Xunta comparte cunha delegación do Goberno de Castela e León o seu labor a prol do rural

A estadía deste grupo castelán-leonés, encabezado polo director general de Patrimonio Natural y Política Forestal, céntrase en ámbitos como o desenvolvemento rural e o eido forestal, incluída a loita contra os lumes

23/01/2023 | 11:13 | C. do Medio Rural

A Xunta destina algo máis de 4,5 M€ a 57 cooperativas para promover a utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural onde se indican as persoas beneficiarias da última convocatoria destas axudas

23/01/2023 | 10:18 | C. do Medio Rural

A Xunta achega máis de 2 M€ a 189 viticultores para a reestruturación e reconversión varietal das viñas en Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural onde se indican as persoas beneficiarias destas axudas, que permitirán actuar en 215 hectáreas