Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da área temática Educación:

14/04/2023 | 11:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O conselleiro de Educación salienta a función da inspección como supervisora da calidade, equidade e excelencia do ensino

Román Rodríguez gaba o traballo destes profesionais nas II Xornadas de Formación da Inspección Educativa e o seu compromiso por seguir mellorando

13/04/2023 | 14:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o papel dos Consellos Sociais para manter a conexión entre a universidade e a realidade económica e empresarial

Lamenta que a Lei de Universidades entorpeza o papel destes órganos e supoña unha oportunidade perdida en ámbitos como a cogobernanza ou o financiamento

13/04/2023 | 13:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 4.000 alumnos danse cita en InnovArt, a primeira feira de ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas de Galicia

Román Rodríguez salienta a importancia desta cita que permite aos estudantes “coñecer de primeira man o potencial académico e acceder a asesoramento laboral” sobre estas ensinanzas que en Galicia cursan preto de 28.000 persoas

12/04/2023 | 18:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Martina Aneiros felicita a dous alumnos do IES Punta Candieira polos seus resultados na XL Olimpiada Galega de Química

Os estudantes de 2º de Bacharelato, Sara Novais e Álvaro Otero, quedaron terceira e quinto no certame que tivo lugar o pasado mes na Coruña

12/04/2023 | 17:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor participa no VI Encontro Arteixo Innovación

No acto estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández

12/04/2023 | 13:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez insta ao Goberno central a escoitar ás universidades na reforma da ABAU

“Compartimos coas universidades que o cambio da ABAU é apresurado e que faltan garantías”, manifesta no Parlamento de Galicia

10/04/2023 | 14:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sinala que o recoñecemento de Máster de Excelencia permite avanzar nun sistema universitario máis innovador, especializado e competitivo

Reciben este selo os mestrados en Matemática Industrial (que imparten conxuntamente as tres universidades), en Computación de Altas Prestacións (entre as da Coruña e Santiago) e en Produción Xornalística e Audiovisual (da UDC)

08/04/2023 | 13:00 | C. de Economía e Industria; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca os certames Consumópolis e Galicons-Net para fomentar o consumo responsable a través da innovación educativa

O alumnado que participe en Consumópolis, que este ano se centra no uso das novas tecnoloxías, poderá optar a tres galardóns de 1000, 600 e 300 euros por cada categoría e os equipos gañadores representarán a Galicia na fase estatal

06/04/2023 | 10:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para que os centros educativos se incorporen aos Programas de Plurilingüismo

Poderán aplicalos tanto na etapa de Infantil como nas de Primaria, ESO e Bacharelato, a través das diferentes convocatorias