Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

30/01/2023 | 12:11 | C. do Medio Rural

A Xunta destina este ano 3,4 M€ a proxectos de investimento de actividades non agrícolas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras desta liña de achegas, que busca apoiar a adquisición de maquinaria e de equipamento en empresas existentes no rural e promover novas actividades empresariais en aldeas modelo

29/01/2023 | 11:17 | C. do Medio Rural

A Xunta mostra o seu traballo en materia de mobilización de terras a unha delegación da Comisión Europea

Xunto con técnicos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a delegación europea visitou esta semana a aldea modelo de Penedo, no concello ourensán de Boborás

28/01/2023 | 12:08 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o incremento nun 35% do número de explotacións apícolas en Galicia nos últimos 10 anos

Galicia é a terceira comunidade autónoma en número de explotacións (case 5.000) e a quinta en volume de mel producido (unhas 3.000 toneladas)

27/01/2023 | 11:36 | C. do Medio Rural

A Xunta Electoral proclama as candidaturas definitivas da renovación de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario galego

Na páxina web da Consellería do Medio Rural pódese consultar a resolución pola que se proclaman as candidaturas definitivas para a renovación dos seus órganos de Goberno

27/01/2023 | 10:47 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca 30 M€ en axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde da Consellería do Medio Rural, a cal busca incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia e destinadas a tal fin

27/01/2023 | 10:27 | C. do Medio Rural

A Xunta destina case 10 M€ en axudas para accións silvícolas nos montes galegos

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se convocan estas achegas para o ano 2023
 

26/01/2023 | 14:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa destaca a importancia do programa ‘Mestres Gandeiros’ na posta en valor do medio rural

Judith Fernández sinala o arraigo do coidado da terra e da natureza entre o alumnado dos colexios como o vilalbés CEIP Terra Chá

26/01/2023 | 13:20 | C. do Medio Rural

Un total de 25 grupos operativos de innovación recibirán axudas da Xunta por importe de case 4,3 M€ para levar a cabo proxectos no agro galego

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas axudas da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural

26/01/2023 | 10:41 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe os decretos de nove zonas de concentración parcelaria en sete concellos galegos que reorganizarán máis de 8.900 hectáreas de terreo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os decretos da Consellería do Medio Rural que inician os procesos nos municipios de Touro, Boqueixón, Padrón, Santa Comba, Tordoia, Melide e tres en Cospeito, dos que se beneficiarán máis de 5.600 propietarios

26/01/2023 | 10:11 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca 38,8 M€ en axudas para a incorporación de mozos ao agro, plans de mellora e o desenvolvemento de pequenas explotacións

Con estas subvencións, procúrase acadar un rexuvenecemento da poboación activa agraria e o fomento do emprego no sector, con especial consideración cara ás mulleres, co fin último de fixar poboación no rural