Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.009 novas da área temática Áreas temáticas:

26/06/2024 | 18:21 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta a investigación e a innovación como eixes cruciais para avanzar na mellora do sector vitivinícola

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na inauguración das V Xornadas do Grupo de Viticultura da Sociedade Española de Ciencias Hortícolas

26/06/2024 | 17:50 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia a instalación de puntos lila e arcoiris nos principais festivais do verán

A Xunta de Galicia porá este servizo a disposición dos asistentes ao Portamérica, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o Atlantic Fest, o Morriña Fest, o Río Verbena e o Caudal Fest

26/06/2024 | 17:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ao tecido empresarial galego a seguir apostando pola innovación e internacionalización para “adaptarse ás exixencias dos novos tempos”

A directora do Igape, Covadonga Toca, asistiu á entrega do premio Peme do ano 2024 onde salientou a importancia de recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas e a súa capacidade para promover o desenvolvemento empresarial en Galicia

26/06/2024 | 17:34 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avanza que o vindeiro luns presentarase o Plan director da automoción na Mesa do Diálogo Social

Subliña que a Xunta está a concentrar todos os seus esforzos en evitar o risco de deslocalizacións que afronta o sector, e en garantir a competitividade da industria auxiliar e o emprego de calidade e de longa duración

26/06/2024 | 17:28 | C. do Medio Rural

A Xunta valora o papel dos grupos de desenvolvemento rural e demostra o apoio a estas entidades cun incremento dos seus fondos en preto de 4 M€ este ano

Así o reafirmou a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, na presentación da ferramenta web aldeasvivas.gal, promovida pola Federación Galega de Municipios e Provincias e o GDR Montes e Vales Orientais

26/06/2024 | 17:19 | C. do Mar

A Xunta ratifica o seu compromiso coa Fundación Traslatio e o Festival Iacobus Maris Experience para traer a Vigo os grandes veleiros

A delegada da Xunta, Ana Ortiz, presentou o evento que se celebrará na dársena da Laxe do 24 ao 28 de xullo

26/06/2024 | 17:07 | A Presidencia da Xunta

O presidente da Xunta e o da Deputación de Ourense reforzan a colaboración para impulsar a economía da provincia e o benestar da cidadanía

Ambas institucións continuarán potenciando a estación de Manzaneda, asumindo de xeito conxunto a liquidación da débeda e achegando financiamento anual

26/06/2024 | 16:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta pon en valor o legado de Camilo José Cela coa iniciativa “Esas nubes que pasan”

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste á primeira reunión do proxecto que finalizará cunha intervención artística ao carón do museo de Iria Flavia

26/06/2024 | 16:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A delegada da Xunta en Vigo destaca a mellora da seguridade na estrada PO-330, entre Pereiró e Valadares, cun investimento de 1,8 millóns

Ana Ortiz fixo unha visita aos traballos que rematarán este venres no barrio vigués tras realizar diferentes actuacións en sete quilómetros

26/06/2024 | 16:34 | C. de Política Social e Igualdade