Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da área temática Educación:

21/04/2023 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta informa ás Federacións de Anpas de Ferrolterra da convocatoria de axudas para financiar a súa actividade este ano

Estas achegas da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades van destinadas á realización de actividades e para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento das instalacións de confederacións e federacións de Anpas e Anpas de centros de educación especial

21/04/2023 | 12:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As probas Celga arrancarán o próximo 13 de maio simultaneamente en Santiago e Ponferrada

Os exames para obter o Celga 4 serán os días 13 e 14 de maio, para os Celga 3 e 2 o 20 e 21 do mesmo mes, respectivamente, e para o Celga 1, o 3 de xuño

20/04/2023 | 15:38 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aposta por mellorar a calidade, servizo e atención dos comedores escolares de xestion indirecta cunha suba das achegas por menú e coa supervisión dos mesmos por un nutricionista

Rueda atribúe todas estas melloras ao no novo prego de prescricións aprobado hoxe polo Consello da Xunta e que rexerá a contratación de 144 comedores para os vindeiros dous cursos por un importe de 25,6 M€, con 7,2 M€ máis que o anterior contrato

20/04/2023 | 12:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
18/04/2023 | 13:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta acorda cos sindicatos que o vindeiro curso escolar 2023-24 comezará o 11 de setembro e rematará o 21 de xuño

O documento final, que se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia, foi pechado na Mesa Sectorial Docente celebrada hoxe

18/04/2023 | 11:51 | C. de Sanidade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
17/04/2023 | 12:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
16/04/2023 | 13:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as axudas ás asociacións de nais e pais de centros de Educación Especial

Van destinadas a sufragar tanto actividades como gastos de xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento das súas instalacións

16/04/2023 | 10:51 | Axencia de Turismo de Galicia

O Centro superior de hostalería de Galicia leva a cabo un plan de formación con máis de 1.200 prazas para as empresas turísticas e hostaleiras

O Plan de Competitividade dixital e sostible de Galicia inclúe unha ferramenta de autodiagnóstico das empresas do sector turístico que lles permitirá coñecer o estado actual da súa empresa, identificar áreas críticas, facer análises comparativos con outras empresas similares e concretar estratexia e definir obxectivos