Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

06/02/2023 | 14:18 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os viños, licores e augardentes con selo de calidade na Barcelona Wine Week

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, estivo hoxe na inauguración desta feira internacional, que finalizará o mércores

06/02/2023 | 14:02 | C. do Medio Rural

A Xunta porá en marcha a investigación da propiedade nas Sofor para mellorar a súa xestión como agrupacións de xestión conxunta no marco da Lei de recuperación

José González sinalou que por unha banda se iniciará o proceso de declaración de parcelas en situación de abandono ou infrautilización para os propietarios coñecidos que non formen parte das Sofor e non teñan o mesmo nivel de xestión

05/02/2023 | 13:34 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a aldea modelo de Penedo en Boborás e a súa aposta pola recuperación do porco silleiro

Esta aldea conta cunha superficie de 23,41 hectáreas e de 665 parcelas de 131 propietarios
 

04/02/2023 | 14:56 | C. do Medio Rural

A Xunta aproba máis de mil subvencións por importe de 37,5 M€ para plans de mellora, a creación de pequenas explotacións e a incorporación de mozos á actividade agrogandeira

O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución das axudas da Consellería do Medio Rural correspondentes á convocatoria de 2022, concedidas a 353 mozos, a 485 persoas para investir nas súas empresas agrarias e a 166 titulares de pequenas explotacións
 

03/02/2023 | 13:11 | C. do Medio Rural

Arranca a campaña electoral de cara á renovación de sete consellos reguladores do ámbito agroalimentario

Nos outros oito consellos reguladores convocados a eleccións, por presentarse candidaturas únicas ou pola existencia de pactos entre as candidaturas, dáse por finalizado o proceso de elección de vogais

02/02/2023 | 11:49 | C. do Medio Rural

Un total de 40 entidades recibirán axudas da Xunta por importe de 3,25 M€ para asesorar as explotacións agrícolas e gandeiras de Galicia

O DOG publica hoxe a última resolución destas achegas da Consellería do Medio Rural, que teñen como obxectivo axudar ás explotacións a que melloren os seus resultados económicos, ambientais e a súa capacidade de adaptación ao cambio climático

01/02/2023 | 17:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Medio Rural

Lorenzana pon en valor os apoios autonómicos ao emprendemento feminino materializados en ‘Shiitake Trives’, que xa colleita unha tonelada de cogomelos

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada polo delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, visitou os invernadoiros da empresa beneficiaria das axudas Emega a mulleres emprendedoras

01/02/2023 | 12:43 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca en Friol a reestruturación da propiedade mediante permutas de especial interese agrario recollidas na Lei de recuperación de cara ao beneficio do sector primario

José González puido comprobar a eficacia deste sistema de mobilización de terras impulsado nunhas 400 hectáreas do concello e anunciou que este ano comezará un novo proxecto que consistirá en aplicar este sistema de permutas en tres zonas piloto

31/01/2023 | 14:49 | C. do Medio Rural

A Xunta e a asociación de criadores de porco celta fomentan a investigación xenética para impulsar esta raza autóctona

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, visitou hoxe unha explotación de Xove (Lugo) que participa nunha acción de cooperación con esta finalidade

31/01/2023 | 13:14 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a contribución do Leader á dinamización do rural galego e á creación de riqueza e emprego

José González lembrou que hoxe, precisamente, remata o prazo de presentación de solicitudes na última convocatoria desta medida, cun orzamento conxunto de 15,3 millóns de euros para as anualidades de 2023 e 2024